Agasallos de nadal

Noticia do 15 Decembro, 2025

Prezadas familias:

Quixeramos chamar a vosa atención sobre a cuestión dos agasallos ao persoal da ANPA. Aínda que comprendemos o voso desexo de expresar agradecemento ás monitoras e monitores, lembramos que internamente temos establecido que non se poden recibir agasallos, especialmente aqueles que impliquen un desembolso económico.

Entendemos, con todo, que quedan excluídos desta norma os agasallos que sexan froito do traballo artístico ou manual das crianzas, así como calquera outra mostra gratuíta de afecto polas atencións recibidas.

Agradecemos sinceramente a vosa intención e o agarimo que transmitides, pero consideramos que a entrega de agasallos pode xerar dinámicas discriminatorias que queremos previr e evitar.

De antemán, agradecemos a vosa colaboración e comprensión.

Aproveitamos para desexarvos un Bo Nadal.

Saúdos,