Agasallos

Noticia do 17 Xuño, 2025

Prezadas familias,

Quixeramos chamar a vosa atención sobre a realizacion de agasallos ao persoal da Anpa. Aínda que comprendemos o voso desexo de trasladar o voso agradecemento ás monitoras e monitores, internamente temos estipulado que non se poderán recibir agasallos, particularmente os que supoñan un desembolso económico.

Entendemos igualmente que quedan excluídos desta norma interna aqueles que son froito do traballo artístico ou manual das crianzas ou calquera outra manifestación gratuíta de afecto polas atencións recibidas.

Agradecemos sinceiramente a molestia que vos tomades, pero máis alá da vosa intención de agradecer o esforzo dos monitores e monitoras, os agasallos poden xerar dinámicas discriminatorias que nos gustaría atallar e evitar.

De antemán, agradecemos a vosa colaboración e comprensión.

Aproveitamos a ocasión para desexarvos un bo final de curso e que poidades disfrutar das ben merecidas vacacións de verán. 

Saúdos

A xunta directiva da Anpa Ferradura.