Inscrición nas actividades. APP

Estimadas familias: Estes días foron moitas as que vos puxestes en contacto connosco, sobre todo facéndonos chegar a vosa preocupación porque non aparecían na APP moitas das actividades e servizos. Agora xa tedes dispoñibles todas as actividades e servizos que van saír neste período de inscrición. Lembrade que tanto o servizo de comedor como a […]

Apertura inscricións actividades extraescolares

Estimadas familias: O venres 5 de xuño, ás 9.00 h, empeza o período de inscrición ás diferentes actividades e servizos ofertados pola ANPA. Dito período finalizará o 25 de xuño ao 23.00 h. Debido a unhas actualizacións que nos teñen que realizar na app, durante este período non se abrirán as inscricións para comedor e ludoteca. […]

COMO CREAR UNHA CONTA FAMILIAR NA APP ÁBACO FAMILIAS

Estimadas familias: Como xa se dixo na última asemblea ordinaria da ANPA, e tamén vai reflectido na normativa de funcionamento da ANPA para o curso 26/27, para poder inscribirse nas diferentes actividades extraescolares e servizos ofertados pola ANPA é necesario facelo a través da APP Ábaco Familias (aplicación descargable nas tendas de iOS e Android). […]

Actividade “As familias contan”

Prezadas familias,  na semana do 8 ao 12 de xuño lanzaráse a actividade “As familias contan”, unha iniciativa das familias que compoñen a Comisión de Biblioteca do CEIP Pío XII co obxectivo de achegar familia e escola. Para isto precisamos familias voluntarias que queiran e poidan ler un conto no tempo de ‘hora de ler’. (Prazo […]

Horarios, prezos e normativa curso 26-27

Estimadas familias; Achegamos información de horarios, prezos e normativa para o curso 2026/2027. Nos vindeiros días farémosvos chegar  toda a información para que vos poidades rexistrar sen problema na APP; así como o prazo para facer a inscrición nas actividades e servizos organizados pola ANPA. Atentamente HORARIOS PREZOS E DESCRIPCIÓN ACTIVIDAES ED.INFANTIL PREZOS E DESCRIPCIÓN […]

Nova sesión de “Educación para a Saúde”.

Dende Obra Social Pediatría* queremos compartir convosco unha nova sesión de “Educación para a Saúde”. Nesta ocasión será Guillermo Carracedo quen co título Crecendo en movemento –O deporte como escola de vida na que trataremos a importancia da actividade deportiva na vida das persoas dende idades temperás porque *O deporte na infancia vai moito máis […]

Faladoiro con Susana Vales

Estimadas familias; Seguindo coas charlas que se veñen organizando desde a ENAPA  durante este curso, neste último trimestre contaremos nos faladoiros de tarde coa presenza de Susana Vales, presidenta de MUDARE.  Agardamos contar coa vosa asistencia e participación nesta interesante xornada. Un saúdo 

Asemblea ordinaria 20 de maio

Estimadas familias;  O vindeiro día 20 de maio convócasevos a unha asemblea ordinaria. Achegamos convocatoria e lembramos que, para facilitar a asistencia, dispoñedes do servizo de ludoteca, o cal será de balde para as familias socias. É importante a vosa participación para que sigamos contribuíndo na educación das nosas crianzas. Un saúdo, A directiva da […]

Mobilización polo ensino público

Estimadas familias: O mércores 6 de maio pola tarde terán lugar mobilizacións (concentracións ou manifestacións,segundo o lugar) en distintas localidades galegas na defensa do ensino público, convocadas por: Asembleas Abertas do Ensino Público, Federación de ANPAS A Gameliña, FANPO, FAVALMI, FOANPAS, sindicatos de profesorado (CIG, CUT, STEG, Solidariedade Obreira e CNT), asociacións de estudantado (Fervenza, Erguer […]

Reunión informativa sobre Edixgal (mércores 29 de abril ás 16.30 h)

Estimadas familias: Convocámosvos a unha reunión informativa (foro-debate) sobre Edixgal para o vindeiro mércores 29 de abril ao 16.30 h, no salón de actos do colexio. A convocatoria está aberta a todas as familias, sexan ou non socias da ANPA, así que se agradece a súa difusión para que poida chegar ao maior número de […]