PRAZO DE INSCRICIÓN NO SERVIZO DE COMEDOR
Estimadas familias: Informámosvos de que o prazo de inscrición para o servizo de comedor abrirase mañá 16 de xullo ás 9:00 horas, e permanecerá aberto ata o 31 de xullo ás 23:00 horas. Como xa sabedes, o servizo de comedor ofrece múltiples modalidades de asistencia, permitindo que as familias poidan elixir non só o número de días (1, […]
ACTIVACIÓN DAS NOTIFICACIÓNS
Estimadas familias, Pregámosvos que dediquedes un momento a comprobar que tedes activadas as notificacións desta aplicación. Manter as notificacións activas permite recibir de forma inmediata todas as novidades, avisos, convocatorias e demais comunicacións relacionadas coa vida da nosa asociación. Deste xeito, poderedes estar ao día de todo o que acontece e non perder ningunha información […]
Inscrición alumnado de 4º de Educación Infantil
Estimadas familias Achegamos un documento con información para a Inscrición do alumnado de 4º de Educación Infantil Acceso ó documento Saudos
Inscrición nas actividades. APP
Estimadas familias: Estes días foron moitas as que vos puxestes en contacto connosco, sobre todo facéndonos chegar a vosa preocupación porque non aparecían na APP moitas das actividades e servizos. Agora xa tedes dispoñibles todas as actividades e servizos que van saír neste período de inscrición. Lembrade que tanto o servizo de comedor como a […]
Apertura inscricións actividades extraescolares
Estimadas familias: O venres 5 de xuño, ás 9.00 h, empeza o período de inscrición ás diferentes actividades e servizos ofertados pola ANPA. Dito período finalizará o 25 de xuño ao 23.00 h. Debido a unhas actualizacións que nos teñen que realizar na app, durante este período non se abrirán as inscricións para comedor e ludoteca. […]
COMO CREAR UNHA CONTA FAMILIAR NA APP ÁBACO FAMILIAS
Estimadas familias: Como xa se dixo na última asemblea ordinaria da ANPA, e tamén vai reflectido na normativa de funcionamento da ANPA para o curso 26/27, para poder inscribirse nas diferentes actividades extraescolares e servizos ofertados pola ANPA é necesario facelo a través da APP Ábaco Familias (aplicación descargable nas tendas de iOS e Android). […]
Actividade “As familias contan”
Prezadas familias, na semana do 8 ao 12 de xuño lanzaráse a actividade “As familias contan”, unha iniciativa das familias que compoñen a Comisión de Biblioteca do CEIP Pío XII co obxectivo de achegar familia e escola. Para isto precisamos familias voluntarias que queiran e poidan ler un conto no tempo de ‘hora de ler’. (Prazo […]
Horarios, prezos e normativa curso 26-27
Estimadas familias; Achegamos información de horarios, prezos e normativa para o curso 2026/2027. Nos vindeiros días farémosvos chegar toda a información para que vos poidades rexistrar sen problema na APP; así como o prazo para facer a inscrición nas actividades e servizos organizados pola ANPA. Atentamente HORARIOS PREZOS E DESCRIPCIÓN ACTIVIDAES ED.INFANTIL PREZOS E DESCRIPCIÓN […]
Nova sesión de “Educación para a Saúde”.
Dende Obra Social Pediatría* queremos compartir convosco unha nova sesión de “Educación para a Saúde”. Nesta ocasión será Guillermo Carracedo quen co título Crecendo en movemento –O deporte como escola de vida na que trataremos a importancia da actividade deportiva na vida das persoas dende idades temperás porque *O deporte na infancia vai moito máis […]
Faladoiro con Susana Vales
Estimadas familias; Seguindo coas charlas que se veñen organizando desde a ENAPA durante este curso, neste último trimestre contaremos nos faladoiros de tarde coa presenza de Susana Vales, presidenta de MUDARE. Agardamos contar coa vosa asistencia e participación nesta interesante xornada. Un saúdo