ENQUISAS
Inauguramos esta nova sección da web cunha enquisa sobre a vosa percepción, como usuarios e usuarias de EDIXGAL, en relación coa satisfacción no uso desta plataforma.
Desde a ANPA Ferradura, preocupámonos por mellorar cada día a calidade da educación das nosas fillas e fillos, e por iso consideramos fundamental coñecer a vosa opinión. Convidámosvos a participar nesta enquisa, que nos axudará a identificar fortalezas e aspectos a mellorar, para seguir avanzando xuntas e xuntos cara a unha educación máis eficaz e adaptada ás necesidades reais do alumnado.
Enquisa Edixgal
Valora do 1 ó 5 o teu nivel de satisfacción co uso de Edixgal
Tendo en conta que
- 1 significa Moi pouco satisfeito e
- 5 significa Moi satisfeito
Grazas pola túa colaboración!!!