Mobilización polo ensino público

Noticia do 4 Maio, 2026

Estimadas familias:

O mércores 6 de maio pola tarde terán lugar mobilizacións (concentracións ou manifestacións,segundo o lugar) en distintas localidades galegas na defensa do ensino público, convocadas por: Asembleas Abertas do Ensino Público, Federación de ANPAS A Gameliña, FANPO, FAVALMI, FOANPAS, sindicatos de profesorado (CIG, CUT, STEG, Solidariedade Obreira e CNT), asociacións de estudantado (Fervenza, Erguer e o Sindicato de Estudantes), e AGOEP (Asociación Galega de Orientadoras do Ensino Público) e NEG.

As demandas principais son as seguintes:

 1) Atención á diversidade. Máis recursos humanos: incremento de profesionais especializadas nos centros educativos para garantir unha atención adecuada ao alumnado con necesidades específicas e mellorar a convivencia.

 2) Mellora das condicións educativas: Redución de ratios de alumnado nas aulas e das horas lectivas dos docentes. Menos alumnado e máis tempo para a atención e a adaptación no ensino, eliminando a sobrecarga burocrática.

3) Investimento real en infraestructuras e mantemento. Centros dignos, salubres e ben financiados: Investimento en infraestruturas seguras e suficientes que garanticen o benestar da comunidade educativa, así como o financiamento estable que cubra as necesidades reais dos centros.

 4) Dereitos laborais e igualdade no ensino: Mellora das condicións laborais do profesorado e dignificación do labor docente e máis apoio e recoñecemento ás familias para asegurar a igualdade de oportunidades no ensino público.

.En Compostela será ás 19h na Praza Roxa,

 En Porto do Son ás 19h no Secadoiro de Congrio.

 En Ourense: ás 19h desde a rúa do Concello (diante da Delegación Territorial)

Saúdos