PRAZO DE INSCRICIÓN NO SERVIZO DE COMEDOR

Noticia do 15 Xullo, 2026

Estimadas familias:

Informámosvos de que o prazo de inscrición para o servizo de comedor abrirase mañá 16 de xullo ás 9:00 horas, e permanecerá aberto ata o 31 de xullo ás 23:00 horas.

Como xa sabedes, o servizo de comedor ofrece múltiples modalidades de asistencia, permitindo que as familias poidan elixir non só o número de días (1, 2, 3, 4 ou 5), senón tamén a combinación concreta de días da semana que mellor se adapte ás súas necesidades. Esta flexibilidade fixo que a configuración da aplicación fose máis complexa, polo que o equipo informático estivo a realizar os últimos axustes para garantir o correcto funcionamento do proceso de inscrición e poder ofrecervos un servizo da máxima calidade posible.

Queremos expresarvos o noso sincero agradecemento pola paciencia e comprensión amosadas durante este proceso.

Por último, lembrámosvos que, aínda que non haberá límite de prazas, a inscrición  debe realizarse dentro do prazo establecido.

Un saúdo.