Programa E-DIXGAL.

Noticia do 21 Abril, 2026

Estimadas familias:

Dende a directiva da ANPA queremos dirixirnos a vós para informarvos e recoller a vosa opinión sobre o programa E-DIXGAL.

E-Dixgal nace no curso 2014/2015 como un Proxecto experimental de Educación Dixital, e é a política do Libro de Texto Dixital en Galicia.

Actualmente este programa está destinado aos cursos de 5º e 6º de Educación Primaria e Secundaria.

Fai 4 cursos que o CEIP Pío XII accede ao programa, o que supón 1 ordenador portátil por alumno para o alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria; co que se accede á plataforma EVA  Abalar (Entorno Virtual de Aprendizaxe) onde están os libros de texto dixitais.

Estes libros elíxense dun catálogo dispoñible que ten variado a oferta editorial ao longo do tempo. Os contidos son elixidos polo profesorado do centro que ten acceso a todos os proveedores de contidos das editoriais que participan en EDixgal.

Moitas das opcións, ao inicio, eran meramente o libro de texto tradicional convertido a PDF. Actualmente son moitas as editoriais proveedoras e de contidos e as opcións son diversas.

Este último curso (2025/2026), ante o descontento xeral con E-Dixgal, a Xunta sacou un novo modelo alternativo “híbrido” que combina libro de texto dixital e analóxico tradicional.

O modelo actual consiste en 3 libros de texto tradicionais (seleccionados polo centro, editorial e materias) e ordenador portátil co resto de libros de texto. No caso do Pío XII, hai libro de texto tradicional (analóxico) en Sociais, Naturais e Matemáticas; e se emprega libro de texto dixital en Lengua, Lingua e Lingua Estranxeira (aínda que tamén hai cuadernos físicos nesas materias).

O modelo híbrido, supón un cambio significativo respecto a cursos anteriores. Por iso, consideramos especialmente importante coñecer a experiencia e valoración das familias implicadas sobre como está a transcorrer o curso.

No día de hoxe, o alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria levará nas súas mochilas unha enquisa dirixida ás familias. Animamos ás familias destes cursos a cubrila con calma e sinceridade, xa que a vosa opinión é fundamental para poder trasladar unha visión real da situación.Coñecedores da inquietude das familias sobre o modelo Edixgal, a ANPA leva traballando desde decembro de 2025 nunha enquisa dirixida ás familias de 5.º e 6.º para coñecer o seu grao de satisfacción co modelo híbrido e trasladar esa valoración ao claustro de profesores, que decidirá en maio se o centro continúa no programa.Aínda que a enquisa foi a levada xa o consello escolar de xaneiro do 2026, a autorización para a súa distribución non se obtivo ata a semana pasada, no consello de abril. Agardamos contar cos resultados de dita enquisa para a reunión informativa do 29 de abril, debater de forma informada e achegar ao profesorado información de calidade sobre a experiencia das familias, profesores do centro quenes  reunidos en Claustro de profesores serán en exclusiva os que decidirán a continuidade en Edixgal para os vindeiros cursos. 

Por todo esto, convocámosvos a unha reunión informativa ( foro aberto de debate ) o vindeiro mércores 29 de abril, onde trataremos de que nos acompañen especialistas nesta temática e poremos en común os datos presentados nas enquisas.

Agradecemos de antemán a vosa colaboración.

Un cordial saúdo,

A directiva do ANPA