Recordatorio Asemblea Ordinaria o mércores 29

Noticia do 27 Outubro, 2025

Estimadas familias:

Este mércores temos asemblea xeral de soci@s. Queremos lembrar a importancia de participar en todas as asembleas da ANPA, pero nesta, se cabe, aínda máis. Coincide cun proceso electoral, por tanto, todas @s soci@s que queiran presentarse a el ou queiran formar parte da nova xunta directiva deben estar presentes na devandita asemblea, xa que será alí onde se vote a composición da nova xunta directiva.

Sen querer alarmar ás familias, queremos comentar que varios membros da actual xunta directiva non poden continuar (por incompatibilidade no posto) e, de non lograrse formar unha nova xunta directiva, a existente podería non cumprir o mínimo de integrantes esixido polos estatutos e, por tanto, teriamos que entrar nun proceso de disolución, con todo o que iso conlevaría.

Por tanto, animámosvos a participar na asemblea e no proceso electoral. Vosa ANPA necesítavos.

Todo sexa polo benestar das nosas crianzas.

Saúdos.

Convocatoria 1ª Asemblea curso 2025-2026