Reunión informativa sobre Edixgal (mércores 29 de abril ás 16.30 h)

Noticia do 24 Abril, 2026

Estimadas familias:

Convocámosvos a unha reunión informativa (foro-debate) sobre Edixgal para o vindeiro mércores 29 de abril ao 16.30 h, no salón de actos do colexio.

A convocatoria está aberta a todas as familias, sexan ou non socias da ANPA, así que se agradece a súa difusión para que poida chegar ao maior número de familias posible.

Na reunión contaremos con Fernando Fraga (especialista en tecnoloxía educativa e na integración dos recursos dixitais na educación).

Esperámosvos.

Saúdos.