Xornada “Móbiles con sentido” — este sábado 25 de outubro!
Acompañar e educar a adolescencia no seu uso
A FANPA Compostela, da que formades parte xunto con 80 ANPAs, convídavos a participar na xornada aberta “Móbiles con sentido: acompañar e educar a adolescencia no seu uso”, que terá lugar este sábado 25 de outubro, de 10:00 a 13:30 h, na Facultade de Filoloxía da USC (Santiago de Compostela).
Cada vez máis familias pregúntanse: “Cando é o momento de darlle un móbil ao meu fillo ou filla?”
Esta xornada é unha oportunidade para reflexionar con calma, sen alarmismos, e con voces expertas da Psicoloxía, da Educación Social e da Saúde Emocional.
Programa destacado
- Conferencia inaugural:
“Ser en Internet: adolescencias e vínculos na era dixital”
por Ricardo Fandiño Pascual, psicólogo clínico e coordinador de ASEIA, Asociación para a Saúde Emocional na Infancia e na Adolescencia. - Mesa redonda:
“Móbiles e TICs nas familias, SOS! Unha ollada profesional”, coa participación de:
• Sonia González Rodríguez, presidenta do Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia.
• Belén Montesa Lou, psicóloga e vicepresidenta da sección de Psicoloxía Educativa do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia
• Concepción Estévez Villar, presidenta da ASEIA, Asociación para a Saúde Emocional na Infancia e na Adolescencia.
Moderada pola xornalista Laura Veiga.
Por que te animamos a participar
- Porque queremos entender para educar.
- Porque a adolescencia é unha etapa para acompañar con confianza e diálogo.
- Porque é un espazo para aprender, compartir e apoiar entre familias.
Participación libre e gratuíta
Facultade de Filoloxía da USC (Campus Norte, Av. de Castelao, Santiago de Compostela)
De 10:00 a 13:30 h
Con servizo de ludoteca gratuíta para as crianzas (inscrición ata o 22 de outubro).
Inscríbete aquí: https://forms.gle/gdCuswW6mBF3kyts5
Organiza
FANPA Compostela, coa colaboración de ANPAS Galegas
anpascompostela@gmail.com |
616 57 09 39
https://fanpacompostela.wordpress.com/
