NOTICIAS NOTICIAS NOTICIAS

Asemblea do 9 de maio do 2023.

Bos días, familias.

A modo de resumo, na Asemblea de onte acordouse e explicouse o seguinte:

Implementamos a inscrición nas actividades desde o móbil, farase unha proba de estrés e contratouse un maior dominio, pero non pode facerse un formulario por familia (explicado no documento achegado).

A Anpa reunirase coas candidatas á dirección do centro, subirá os seus proxectos, si é posible, e tratará de representar responsablemente o sentir da maioría. Explicamos o proceso, os méritos que priman e os tempos estimados.

Relatamos as xestións coas distintas administracións (Concello, Xefatura Territorial, Vicesecretaría de Educación e o co Conselleiro do ramo) para o cambio do solo do comedor. A día de hoxe non hai resposta oficial.

Confirmamos a firma do contrato coa empresa de Cátering no mesmo prezo do curso anterior, co que logramos conxelar outra subida de prezos.

Falamos co Concelleiro de Tráfico e Mobilidade para coñecer a nosa afectación polo proxecto de peatonalización do Campus Sur. A obra está só pendente de licitación e teñen en mente habilitar prazas de aparcamento en Avda das Burgas e Avda Compostela, pero eliminarase a praza do estanque.

Noutro orde de cousas…

Recordamos que o día 15 de maio remata a Exposición fotrográfica itinerante que está no salón de actos e animamos a vela, así como a participar en «Fotografías pola igualdade», antes do 16 de maio, no seguinte enlace: http://fotografiaspolaigualdade.fanpacompostela.gal/

Achegamos información adicional de clubes da contorna, por se resultan interesantes. Son o Clube de natación Ciudad de Santiago e o Clube de patinaxe Diverpatín.

Un saúdo.

ANPA A Ferradura CEIP Pío XII

Rúa da Poza de Bar, s/n, 15705 Santiago de Compostela, A Coruña

Política de Protección de datos | Política de Cookies

© ANPA A FERRADURA 2019 | DISEÑO WEB: TerritorioWeb