Entradas de] pio12W

Reunión coas candidatas á dirección do centro.

Bos días, familias. Como acordamos, informámosvos das xestións realizadas. A candidata Ana Losada Montero pediu reunirse con nós o mércores 10 de maio e expoñer o seu proxecto á directiva da Anpa e ós representantes das nais e pais. Contactamos coa candidata Marta Veleiro Rodríguez, que fixo o propio onte, luns 15 de maio. Tivemos […]

Asemblea do 9 de maio do 2023.

Bos días, familias. A modo de resumo, na Asemblea de onte acordouse e explicouse o seguinte: Implementamos a inscrición nas actividades desde o móbil, farase unha proba de estrés e contratouse un maior dominio, pero non pode facerse un formulario por familia (explicado no documento achegado). A Anpa reunirase coas candidatas á dirección do centro, […]

Actividades e inscricións curso 23-24

Estimadas familias: A partir de hoxe podedes atopar na páxina web a información relativa ás actividades e servizos para o vindeiro curso. Poñemos en funcionamento o servizo de gardería, tal e como se comentou na última Asemblea, para o alumnado que non pode ser recollido a hora de saída pero tampouco precisa comedor. Eliminamos a […]

Fotografía Pola Igualdade

  Estimadas familias: O vindeiro día 3 de maio ás 17:00h. faremos no salón de actos do colexio a presentación da exposición de “Fotografía Pola Igualdade”. Contaremos ca presenza da contacontos, Vero Rilo. Esperamos a vosa asistencia na compaña dos vosos/as fillos e fillas!!! A exposición vai estar no noso centro do 3 ao 15 […]

Concurso de fotografía pola igualdade

Estimadas familias:   A FANPA  Compostela pon en marcha o 5º Concurso de Fotografía pola Igualdade   Este concurso fotográfico está dirixido ao alumnado e as familias dos centros de infantil, primaria, secundaria e bacharelato, conservatorios e escolas de música públicos co obxectivo de que plasmen nunha imaxe como ven a igualdade en calquera ámbito da […]

Acordos da Asemblea do 30 de marzo de 2023

Bo día, familias.   Pasamos a resumir o acordado onte por amplia maioría entre os asistentes:   -Renovación da empresa de catering para o vindeiro curso, tras amosar una valoración moi boa ou boa ó respecto nas enquisas, un 85% dos 75 asistentes ás xornadas de portas abertas.   -Aprobación de melloras no sistema de […]

ASEMBLEA

Lembramos que o vindeiro xoves 30 de marzo haberá asemblea xeral ordinaria ás 16:30h.   Para que vos sexa máis doada a asistencia, podedes deixar os/as vosos/as fillos/as na ludoteca, atenderémolos ata o remate da asemblea.   Agradecemos de antemán a vosa participación e colaboración.   A comunidade educativa somos todos e todas.

Convocatoria Asemblea Xeral Ordinaria 30/marzo/2023.

Bos día, familias.   Achegamos a convocatoria á Asemblea que acordamos celebrar neste trimestre, previa ó inicio do periodo de inscrición para o vindeiro curso e como resumo do periodo de portas abertas do comedor.   Agradamos que poidades asistir.   Un saúdo. CONVOCATORIA

Escola de nais e pais o próximo martes 7 de marzo

Lembrade que o martes 7 teremos esta interesante actividade Charla café  “ Claves para educar os/as nosos/as fillos/as na Era Dixital. Previr para evitar adicións”   Data;  Martes 7 de marzo ás 17:00h. no salón de actos do colexio. Dirixida;  ás familias do alumnado do CEIP PIO XII Imparte; Antonio Rial Boubeta PARTICIPA!!!!  Temos servizo de gardería