Agasallos de nadal
Prezadas familias: Quixeramos chamar a vosa atención sobre a cuestión dos agasallos ao persoal da ANPA. Aínda que comprendemos o voso desexo de expresar agradecemento ás monitoras e monitores, lembramos que internamente temos establecido que non se poden recibir agasallos, especialmente aqueles que impliquen un desembolso económico. Entendemos, con todo, que quedan excluídos desta norma […]
Faladoiros de tarde
Estimadas familias Convidámosvos ao faladoiro “Acompañando as infancias contemporáneas. Tempo de ocio fronte á tecnoloxía”, con Belén Montesa, psicóloga xeral sanitaria. 🗓️ Martes 2 de decembro⏰ 16:30 a 18:30📍 Salón de Actos Haberá servizo de ludoteca gratuíto para as familias da ANPA que participen (é preciso avisar con antelación). Animádevos a participar!
RETO MATEMÁTICO 2025
Estimadas familias: O equipo de Xogos Matemáticos da ANPA A FERRADURA e o PROFESORADO do CEIP PIO XII, propón aos vosos fillos e fillas de EDUCACIÓN PRIMARIA un novo reto matemático para este curso. Achegamos dous documentos de interese: 1. instrucions-reto-matematico-2025.pdf, que contén a orixe do reto, as instrucións para realizalo e a data límite de entrega: 10 de decembro de 2025. 2. reto-matematico-2025.pdf, co enunciado do […]
Recordatorio Asemblea Ordinaria o mércores 29
Estimadas familias: Este mércores temos asemblea xeral de soci@s. Queremos lembrar a importancia de participar en todas as asembleas da ANPA, pero nesta, se cabe, aínda máis. Coincide cun proceso electoral, por tanto, todas @s soci@s que queiran presentarse a el ou queiran formar parte da nova xunta directiva deben estar presentes na devandita asemblea, […]
Convocatoria Asemblea Ordinaria
Estimadas familias; O vindeiro mércores 29 de outubro celebramos a 1º asemblea ordinaria do curso 2025/2026. Achegamos convocatoria e copia de acta da última asemblea. Un saúdo Acta da última asemblea 12/05/2025 Convocatoria 1ª Asemblea curso 2025-2026
Xornada “Móbiles con sentido”
Xornada “Móbiles con sentido” — este sábado 25 de outubro! Acompañar e educar a adolescencia no seu uso A FANPA Compostela, da que formades parte xunto con 80 ANPAs, convídavos a participar na xornada aberta “Móbiles con sentido: acompañar e educar a adolescencia no seu uso”, que terá lugar este sábado 25 de outubro, de 10:00 a […]
Quendas comedor
Estimadas familias: Desde a Xunta Directiva da ANPA dámosvos a venvida o novo curso escolar. Este curso e atendendo o número de solicitudes de comedor haberá dúas quendas que quedan distribuidas do seguinte xeito: 1º QUENDA: 4º, 5º e 6º de Educación Infantil […]
Aviso por vacacións
Durante o mes de agosto, a Asociación permanecerá pechada por vacacións. Agradecemos que agarden ata setembro para calquera xestión ou consulta relacionada co ANPA. Non se dará resposta aos correos electrónicos recibidos durante este período. Grazas pola comprensión.
LISTAXES DE ACTIVIDADES 25-26
Estimadas familias; A partir de hoxe podedes acceder, a través da Ligazón: Listaxes curso 25-26 Co contrasinal: Ferradura25WEB Ás listaxes de actividades e servizos organizados e xestionados pola ANPA A Ferradura para o curso 2025/2026. Debido o número de inscritos, temos as seguintes salvedades; Actividades eliminadas por falta de inscrición: – BÁDMINTON – PANDEIRETA Actividades pendentes de […]
Agasallos
Prezadas familias, Quixeramos chamar a vosa atención sobre a realizacion de agasallos ao persoal da Anpa. Aínda que comprendemos o voso desexo de trasladar o voso agradecemento ás monitoras e monitores, internamente temos estipulado que non se poderán recibir agasallos, particularmente os que supoñan un desembolso económico. Entendemos igualmente que quedan excluídos desta norma interna […]