Reunión coas candidatas á dirección do centro.

Bos días, familias.

Como acordamos, informámosvos das xestións realizadas.

A candidata Ana Losada Montero pediu reunirse con nós o mércores 10 de maio e expoñer o seu proxecto á directiva da Anpa e ós representantes das nais e pais.

Contactamos coa candidata Marta Veleiro Rodríguez, que fixo o propio onte, luns 15 de maio.

Tivemos a posibilidade de preguntar, abertamente, todo tipo de dúbidas e preocupacións e de ollar os seus proxectos.

Respecto á subida dos mesmos á nosa web, Ana supeditouno a que o fixera Marta e esta prefire non facelo.

A directiva ten acceso a eles e o noso representante asistirá á exposición de ambas candidatas diante dos membros do Claustro de mestres e do Consello Escolar, o vindeiro martes 23 de maio.

O 24 de maio representará na comisión a esta asociación coa mesma responsabilidade que o ben facendo desde sempre.

Noutro orde de cousas, lembramos que o vindeiro luns 22, ás 11:00, comeza a inscrición nas nosas actividades e servizos, porque moitos de vós estades tratando de facelo xa, na web.

Pero, ata entón non é posible.

Un saúdo.

Asemblea do 9 de maio do 2023.

Bos días, familias.

A modo de resumo, na Asemblea de onte acordouse e explicouse o seguinte:

Implementamos a inscrición nas actividades desde o móbil, farase unha proba de estrés e contratouse un maior dominio, pero non pode facerse un formulario por familia (explicado no documento achegado).

A Anpa reunirase coas candidatas á dirección do centro, subirá os seus proxectos, si é posible, e tratará de representar responsablemente o sentir da maioría. Explicamos o proceso, os méritos que priman e os tempos estimados.

Relatamos as xestións coas distintas administracións (Concello, Xefatura Territorial, Vicesecretaría de Educación e o co Conselleiro do ramo) para o cambio do solo do comedor. A día de hoxe non hai resposta oficial.

Confirmamos a firma do contrato coa empresa de Cátering no mesmo prezo do curso anterior, co que logramos conxelar outra subida de prezos.

Falamos co Concelleiro de Tráfico e Mobilidade para coñecer a nosa afectación polo proxecto de peatonalización do Campus Sur. A obra está só pendente de licitación e teñen en mente habilitar prazas de aparcamento en Avda das Burgas e Avda Compostela, pero eliminarase a praza do estanque.

Noutro orde de cousas…

Recordamos que o día 15 de maio remata a Exposición fotrográfica itinerante que está no salón de actos e animamos a vela, así como a participar en «Fotografías pola igualdade», antes do 16 de maio, no seguinte enlace: http://fotografiaspolaigualdade.fanpacompostela.gal/

Achegamos información adicional de clubes da contorna, por se resultan interesantes. Son o Clube de natación Ciudad de Santiago e o Clube de patinaxe Diverpatín.

Un saúdo.

Actividades e inscricións curso 23-24

Estimadas familias:

A partir de hoxe podedes atopar na páxina web a información relativa ás actividades e servizos para o vindeiro curso.

Poñemos en funcionamento o servizo de gardería, tal e como se comentou na última Asemblea, para o alumnado que non pode ser recollido a hora de saída pero tampouco precisa comedor.

Eliminamos a actividade de ximnasia rítmica e ballet por levar tempo con pouco alumnado.

Incorporamos Baile Urbano, Bádminton e Xogos Matemáticos.

Lembramos que só se poden solicitar 3 actividades por alumno/a, a maiores de todas as actividades e servizos do bloque -2

O centro, que nos cede a maioría dos espazos para as nosas actividades, precisa moitas delas para as titorías dos martes, motivo pola cal a oferta é menor neste día.

O prazo de inscrición será do 22 de maio ás 11:00 ata o 4 de xuño ás 23:59.

Para o alumnado de 4º de E.I. coincidirá co período de matricula no colexio.

Un saúdo.

Convocatoria Asamblea da Anpa o 9 de maio de 2023.

Bos días, familias.

Achegamos a convocatoria para a Asamblea trimestral acordada.

Lembramos que, con toda probabilidade, será en segunda convocatoria (16:30).

Quen o precise, pode empregar o servizo de ludoteca.

Un saúdo.

Grazas.

Convocatoria

Fotografía Pola Igualdade

 

Estimadas familias:

O vindeiro día 3 de maio ás 17:00h. faremos no salón de actos do colexio a presentación da exposición de “Fotografía Pola Igualdade”.

Contaremos ca presenza da contacontos, Vero Rilo.

Esperamos a vosa asistencia na compaña dos vosos/as fillos e fillas!!!

A exposición vai estar no noso centro do 3 ao 15 de maio.

Aproveitámos para lembrar que o prazo de presentación de Fotografías Pola Igualdade para o vindeiro concurso está aberto ata o 16 de maio.

Un saúdo

 

Concurso de fotografía pola igualdade

Estimadas familias:

 

A FANPA  Compostela pon en marcha o 5º Concurso de Fotografía pola Igualdade

 

Este concurso fotográfico está dirixido ao alumnado e as familias dos centros de infantil, primaria, secundaria e bacharelato, conservatorios e escolas de música públicos co obxectivo de que plasmen nunha imaxe como ven a igualdade en calquera ámbito da vida; Con el preténdese fomentar a mirada crítica das e dos participantes sobre a vida cotiá dende a perspectiva da igualdade/desigualdade de xénero.

 

Toda a información sobre as bases do concurso, o formulario de inscrición e os documentos de autorización necesarios están accesibles na web deste concurso:

 

http://fotografiaspolaigualdade.fanpacompostela.gal/inscricions/

 

O prazo estará aberto ata o 16 de maio.

 

Acordos da Asemblea do 30 de marzo de 2023

Bo día, familias.

 

Pasamos a resumir o acordado onte por amplia maioría entre os asistentes:

 

-Renovación da empresa de catering para o vindeiro curso, tras amosar una valoración moi boa ou boa ó respecto nas enquisas, un 85% dos 75 asistentes ás xornadas de portas abertas.

 

-Aprobación de melloras no sistema de inscrición para as actividades e servizos da ANPA no vindeiro curso:

 

-Realizarase unha ficha por familia e non por nena ou neno, evitando así o retraso entre o envío dun e a cumplimentación e envío do seguinte.

 

-Limítase a 3 as actividades a elexir para cada nena ou neno, sen contar a ludoteca, comedor ou madrugadores.

 

-Poderase realizar telemáticamente a través de dispositivos móbiles e tratarase de que o xustificante de recepción sexa o mais rápido posible.

 

– Acordase agardar á resposta das administracións (Xefatura Territorial, Vcesecretaría de Educación e Concello) á petición por escrito da Anpa sobre custear a metade do cambio de solo do comedor, se asumen a outra metade.

Se non se obtén resposta ou non é afirmativa, continuaremos con outras medidas de presión e votaranse os presupostos presentados, na vindeira Asemblea.

 

Seguimos animando á asistencia e á participación.

 

Grazas por todo e un saúdo.

 

ASEMBLEA

Lembramos que o vindeiro xoves 30 de marzo haberá asemblea xeral ordinaria ás 16:30h.

 

Para que vos sexa máis doada a asistencia, podedes deixar os/as vosos/as fillos/as na ludoteca, atenderémolos ata o remate da asemblea.

 

Agradecemos de antemán a vosa participación e colaboración.

 

A comunidade educativa somos todos e todas.

Convocatoria Asemblea Xeral Ordinaria 30/marzo/2023.

Bos día, familias.

 

Achegamos a convocatoria á Asemblea que acordamos celebrar neste trimestre, previa ó inicio do periodo de inscrición para o vindeiro curso e como resumo do periodo de portas abertas do comedor.

 

Agradamos que poidades asistir.

 

Un saúdo.