Novidades Actividades pavillón

Bos días, familias.

 

Queremos avanzarvos unha nova de interese, antes de que se abra o proceso de matriculación dos nosos servizos para o vindeiro curso 2021/2022 e sempre que a situación sanitaria o permita.

 

    • As actividades extraescolares a realizar no pavillón, no horario de 16:00h a 18:00h estarán organizadas pola ANPA A FERRADURA, e rexeranse polos mesmos criterios que as que se veñen desenvolvendo no centro.
    • A ANPA encargarase da inscrición e cobro da actividade. O pago será mensual, con posibilidade de baixa avisando na primeira quincena do mes anterior.
    • Os monitores necesarios para a realización da actividade serán seleccionados e contratados pola ANPA.
    • So pode asistir alumnado do CEIP PIO XII.

 

  • Actividade de baloncesto Mini e Premini para o alumnado de 3º, 4º, 5º, 6º de PRIMARIA:

–    O  alumnado que queira federarse para competir co club de FEDESA, adestrará no pavillón no horario establecido para o seu grupo.

 

    • O alumnado que xoga en liga galega e teña que adestrar nunhas condicións diferentes, ou se non se forma un grupo mínimo para competir, ten a posibilidade de facelo despois das 18:00 inscribíndose en FEDESA. Non será xestionado pola ANPA.
    • Tódalas xestións derivados da federación: partidos, arbitraxes, material… corren a cargo de FEDESA. (Os pais/nais so nos abonarán a mensualidade)
    • O equipamento será adquirido polos país/nais.
    • FEDESA indicaralles lugar de compra e custo, que en ningún caso superará os 50,00€. Esta constará de:

                               Camiseta reversible  azul e branca

                               Pantalón branco

                               Camiseta quecemento de manga corta.

So será necesaria para os equipos de «mini».

Os horarios serán:

LUNS E MÉRCORES 16:00 ————————FUTBITO 3º E 4º PRIM.

LUNS E MÉRCORES 17:00————————-BASKET MINI 5º E 6º PRIM.

MARTE E XOVES 16.00 —————————-PREDEPORTE 1º E 2º PRIM.

MARTES E XOVES 17:00 ————————–BASKET PREMINI 3º E 4º PRIM.

VENRES 16:00 —————————————-PREDEPORTE – INFANTIL

 

(Non se formará grupo con menos de 10 alumnos/as)

Información inscrición

Estimadas familias:

O día 10 de maio de 2021 a ANPA A FERRADURA,  publicará na páxina web a información relativa os servizos e actividades extraescolares (horarios, prezos, normas e impresos de inscrición) de cara o vindeiro curso 2021/2022, cas seguintes datas de inscrición:

Alumnado matriculado no CEIP PIO XII:

  • Desde martes 18/05/2021 ás 09:00 e ata o domingo 30/05/2021 as 23:59

 Alumnado de nova admisión no CEIP PIO XII:

  • O mesmo que para formalizar a matricula no colexio.

 

Supervisión en control dos menús do comedor.

Bos días, familias.

Neste curso non puidemos celebrar as xornadas de portas abertas para vós no comedor, por motivos de todos coñecidos, pero eso non implica a non supervisión e control do servizo e os menús.

Informámosvos de que tres dos membros da directiva acudiron, en dúas xornadas distintas, a degustar a comida e valorar o servizo. O resultado foi positivo e non distou do de anos anteriores.

A semana pasada outro dos nosos membros, con formación alimentaria específica, reuniuse coa empresa de catering (Ruta Xacobea).

Realizan reunións semestrales in situ, coa nosa coordinadora e un de nós, para actualizar o menú para os períodos de outono-inverno e primavera-verán.

Optimízanse en función dos gustos maioritarios, podendo ser modificados segundo a aceptación e os nosos comentarios.

A base é a dun menú saludable e equilibrado en nutrientes, que non precise ser complementado na casa.

Ante a petición de algúns pais e nais de baixar a cantidade de verduras, non sendo esto posible, aceptan presentalas mais cortadas e enmascaradas en salsas.
Confirman que as verduras son cocidas ó vapor, provando unha película envolvente e aproveitando ó máximo os nutrientes.

Agardamos que o próximo curso poidamos volver a realizar as comentadas xornadas de degustación do menú, ás que acudiades en gran número. Pero, mentres tanto, queriamos informarvos das accións adoptadas.

Un saúdo.

Colaboración solidaria

Bos días, familias.
Achegamos unha nova sobre a colaboración cunha ONG, que pode resultar de interese.
No link podedes informarvos sobre ela e no cartaz, sobre a recollida e o contacto.
Lembramos que non se recollen esas axudas no colexio, se non que se coordinan no teléfono de contacto.
Unha aperta.

3º CONCURSO DE FOTOGRAFÍAS POLA IGUALDADE

Bos días, familias.

Achegamos información sobre un concurso que pode resultar de interese para os vos@s nenos.

As fotografías enviaránse en formato TIF, PNG ou JPEG de máxima calidade cun tamaño de 10MB ao correo electrónico: anpascompostela@gmail.com indicando os seguintes datos:
  1.  Asunto:  CONCURSO FOTOGRÁFICO POLA IGULADADE – FANPA COMPOSTELA 2021
  2. Nome e apelidos (tanto do pai/nai/titor/titora legal e do neno ou nena en caso de Infantil e Primaria)
  3. Nivel que está a cursar a crianza no curso 2020-2021, e centro escolar ao que pertence.
  4. Título e breve texto explicativo da imaxe.
  5. Enderezo electrónico e teléfono de contacto (do pai/nai/titor/titora legal no caso de Infantil e Primaria).
  6. Enviará a foto que concurse como documento adxunto.
O prazo para presentar as fotografías será dende hoxe mesmo ate o 30 de abril do 2021 ás 24:00h

Un saúdo

CHARLA SOBRE VIDEOXOGOS: SEXISMO E ESTEREOTIPOS DE XÉNERO NOS VIDEOXOGOS

Bos días familias.
Damos difusión a unha charla sobre videoxogos que coidamos pode ser interesante.

Xa está todo preparado para a segunda charla do ciclo de videoxogos. Esta vez, coincidindo coa semana do 8M, adicarase a analizar o sexismo e os estereotipos de xénero que impregan algúns dos videoxogos máis populares, tratando de abrirnos os ollos hacia cales son os contidos que consumen os nosos fillos e fillas durante horas e horas.

 

Debemos aprender a mirar os videoxogos con perspectiva crítica, coas lentes de color lila, reflexionando sobre os estereotipos das personaxes (entre eles a sexualización das mulleres) e os story tellings dos videoxogos mais demandados por parte da infancia e adolescencia. A nosa labor como adultos é proporcionarlles videoxogos que non estean impregnados dos valores pésimos das masculinidades hexemónicas.

 

TÍTULO: Sexismo e estereotipos de xénero nos videoxogos

PONENTE: Jorge García Marín, Profesor de Socioloxía da USC

DATA: 12 de marzo

HORA:  17:30 a 18:30

LUGAR: Telemáticamente

INSCRICIÓNS: http://bit.ly/videoxogos2

 

Por si credes que os videoxogos non son tan machistas, podedes mirar este vídeo de tan só 3 minutos para facervos unha idea:

 

https://www.youtube.com/watch?v=2lycwocWDbE

 

Se aínda así dubidades se asistir, pois outro dato, entre os videoxogos máis sexualizados o primeiro que sae mencionado é o Fornite. Sii, ese que dixemos na anterior charla que era a partir de 12 anos e que xogan xa dende moito máis pequenos:

 

https://www.youtube.com/watch?v=QAiDiJIitTI

 

Así que xa sabedes non vos perdades a próxima charla.

 

Animádevos a participar e difundir. Moitas grazas

 

Un saúdo

A conciencia do autocoidado.

Difundimos unha iniciativa do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, que nos parece interesante.

Prezadas amigas e amigos: 

Poñémonos en contacto con vós para darvos a coñecer unha acción que desde o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia estamos a poñer en marcha a través dun grupo de traballo específico e que cremos que pode ser de interese para o voso centro, polo que vos animamos á divulgación desta información.

En novembro de 2020 e dentro do escenario da pandemia COVID-19, desde o COPG formúlase a necesidade de visibilizar e de atender a conciencia do autocoidado, como elemento imprescindible para preservar a saúde emocional da comunidade. Como profesionais da saúde, somos conscientes da importancia que o autocoidado ten no benestar das persoas. Con esta iniciativa queremos contribuír a espertar esta conciencia de coidado e velar polo benestar común.

O desenvolvemento desta acción concretarase a través dun ESPAZO DE COIDADO na web do COPG, no enderezo autocoidado.copgalicia.galnel imos presentando diferentes accións e recursos, encamiñados á consecución dos obxectivos antes mencionados.

Unha destas accións é o Espazo de Mindfulness e Compaixón, un programa que consta de oito sesións, de carácter gratuíto e aberto á poboación en xeral, que se celebrarán online os sábados entre o 20 de febreiro e o 17 de abril (agás o 3 de abril) ás 11:00 horas da mañá. Podes descargar o programa neste enlace, e para inscribirte só terás que remitirnos o formulario cuberto a copgalicia@copgalicia.gal.

Este espazo é un lugar seguro e aberto a toda a comunidade, un espazo VIVO que faremos medrar e coidaremos entre todos e todas coa intención de cultivar a semente do autocoidado dentro do noso COPG, tanto para nós como para o resto da comunidade da que formamos parte.

Irémosvos informando da evolución desta primeira fase de deseño e posta en marcha deste ESPAZO, e das accións que estamos sementando. Desexamos que esperte o voso interese e a motivación de compartir o seu crecemento.

Unha aperta.

2º CONCURSO DE FOTOGRAFÍAS POLA IGUALDADE       

Inda que este curso, debido á pandemia, teñamos que modificar moitas cousas nas nosas vidas, temos que agradecer que haxa iniciativas que continúen adiante.

Grazas a IAGO ALONSO MATO e INES MATO NAVEIRO pola súa participación nesta 2º edición do concurso.

Dende a ANPA A FERRADURA, animámoste a  participar en ocasións vindeiras.