NATACIÓN 2º CUATRIMESTRE (Nenos/as de máis de 6 anos)

NATACIÓN 2º CUATRIMESTRE ( do 1 de Febreiro ao 31 de Maio)

LUNS ——————— 16:30 a 17:15 ( 11 prazas)
MARTES —————- 16:30 a 17:15 ( 8 prazas)
MÉRCORES ———— 16:30 a 17:15 ( 8 prazas)
XOVES ——————– 17:15 a 18:00 ( 6 prazas)
VENRES :

  • 1º grupo ——— 15:45 a 16:30 ( 18 prazas )
  • 2º grupo ——— 16:30 a 17:15 ( 18 prazas )
  • 3º grupo ———17:15 a 18:00 ( 18 prazas)

 

REQUISITOS:

Renovacións: os inscritos no 1ª cuadrimestre deberán confirmar a súa asistencia para o 2ª cuadrimestre no local da anpa ou ben chamando o 699.973.596 do 16 ao 20 de xaneiro de 2023 (a non confirmación entendese como baixa)

Prezo: Renovación; 50,00€/ cuadrimestre.

Novas inscricións: podedes atopar a información do procedemento de inscrición na páxina web da anpa en actividades, natación. Ou cumprimentar a folla de alta no local da anpa do 23 ao 27 de xaneiro de 2023.

Prezo: 50,00€/ cuadrimestre

NOTA: É imprescindible que os nenos/as que accedan a esta actividade teñan DNI e un mínimo de 6 anos cumpridos no ano 2022 ademáis de ser autosuficientes para desenvolverse nos vestiarios. (Segundo normativa da usc)

Gañadores do Concurso postais de Nadal CEIP PIO XII – ANPA A FERRADURA

NOTICIAS NOTICIAS NOTICIAS

Gañadores do Concurso de postais de Nadal

CEIP PIO XII – ANPA A FERRADURA

Educación infantil

Premiado Educación infantil

CEIP PIO XII – ANPA A FERRADURA

Lucas Cutrin Berdeal

1º ciclo de Educación Primaria

1º e 2º de Primaria

Premiada 1º ciclo de Educación Primaria

CEIP PIO XII – ANPA A FERRADURA

Julia de Billota

2º ciclo de Educación Primaria

3º e 4º de Primaria

Premiada 2º ciclo de Educación Primaria

CEIP PIO XII – ANPA A FERRADURA

Inés Raña Gayoso

3º ciclo de Educación Primaria

5º e 6º de Primaria

Premiado 3º ciclo de Educación Primaria

CEIP PIO XII – ANPA A FERRADURA

Mario Beramendi Ledo

Grazas a todos/as por participar!!!

BO NADAL!!!

ANPA A Ferradura CEIP Pío XII

Rúa da Poza de Bar, s/n, 15705 Santiago de Compostela, A Coruña

Política de Protección de datos | Política de Cookies

© ANPA A FERRADURA 2019 | DISEÑO WEB: TerritorioWeb

Informacións varias.

Bos días, familias.
Achegamos informacións sobre dúbidas xeradas na Asamblea de onte.
Os nenos de infantil «poden» levar mandilón, da cor da súa clase, para madrugadores e comedor. Levarase limpo na mochila os luns e será devolto sucio os venres, salvo que precisase ser cambiado con anterioridade.
Lembramos que non é obrigatorio.
Xa se pode enviar cepillo e pasta de dentes, para fomentar a hixiene bucal no comedor. O neceser non pode quedar no local, por un problema de espazo, orde e limpieza. Sendo cada neno responsable de gardalo de novo na súa mochila.
Avisaremos con tempo do inicio das xornadas de portas abertas a celebrar no segundo trimestre, coma sempre, salvo no periodo de pandemia.
Os asistentes de onte solicitaron unha votación para elexir o modelo de elección das actividades extraescolares, a celebrar no próximo trimestre.
Sería entre o modelo actual, un máximo de actividades por neno e unha aleatorización ou sorteo, entre os/as socios/as que se matricularon en prazo.
Como se decidirá por maioría, pregamos asistencia.
Unha vez asignadas, en xullo, calquer modificación non se fará efectiva ata o segundo mes do curso (outubro), xa que estará inhabilitado o formulario na web.
Un saúdo.

Basquet federado Rosalía-Fedesa

Bos días, familias.
Achegamos un cartel con información da Fundación Fedesa, en relación cos nenos que se queiran federar e competir en baloncesto.
Lembramos que é independiente da nosa actividade.
Os nenos non federados realizarán a actividade no noso horario (de 16:00 a 18:00).
Os nenos federados poden realizar a nosa actividade nese horario (de 16:00 a 18:00) e, a maiores, adestrar no horario de Fedesa (18:00 a 19:15), pero a xestión non será da Anpa. A matrícula, o contacto, os adestradores, os pagos… serán xestionados por Fedesa.
Se un neno federado non quere adestrar no noso horario, so ten que darse de baixa na nosa actividade e contactar con Fedesa.
Unha aperta.

Información inscrición

Estimadas familias:

O día 10 de maio de 2021 a ANPA A FERRADURA,  publicará na páxina web a información relativa os servizos e actividades extraescolares (horarios, prezos, normas e impresos de inscrición) de cara o vindeiro curso 2021/2022, cas seguintes datas de inscrición:

Alumnado matriculado no CEIP PIO XII:

  • Desde martes 18/05/2021 ás 09:00 e ata o domingo 30/05/2021 as 23:59

 Alumnado de nova admisión no CEIP PIO XII:

  • O mesmo que para formalizar a matricula no colexio.

 

Pautas definitivas do inicio de curso

Bos días.

 

Aproveitamos esta comunicación para confirmar que levaremos a cabo o servizo de madrugadores e o de comedor. Só se anulan, polo momento, as actividades extraescolares.

Madrugadores comeza o día 11 para a primeira quenda e o día 14 para a segunda.

Comedor comeza o día 10 para a primeira quenda e o 11 para a segunda.

As baixas do servizo de comedor que son penalizadas co cobro das cotas de setembro e outubro, como reza o noso regulamento, non terán esta taxa debido ás circunstancias especiais deste curso.

Tamén confirmamos que todos prazas de madrugadores en lista de espera foron aceptadas.

Solicitamos puntualidade na hora límite de recollida do comedor (15:45h), xa que o centro pecha ás 16:00 e debemos deixar as instalacións preparadas para o seguinte servizo.

 

MADRUGADORES (07:40 a 09:10) 

 

Recibirase ao alumnado na porta de entrada, cumprimentando o rexistro de chegada, toma de temperatura e hixiene de mans antes de acceder o interior.  É obrigatorio que o alumnado vaia acompañado ata a porta de recepción. Con todo, os pais, nais ou titores legais non poderán, en ningún momento, entrar ao interior do centro.

Na zona destinada a madrugadores o alumnado estará sentado por cursos e aulas, mantendo o distanciamento.

Non terán acceso a ningún tipo de material que se poida compartir. Cada alumno/a so poderá utilizar os libros ou xogos que teña na mochila sen compartilos en ningún momento cos seus compañeiros, aínda cando sexan do mesmo grupo.

O acceso á aula farase seguindo o protocolo establecido polo centro para as entradas. Os monitores acompañaran os diferentes grupos no horario establecido polo centro ao punto de recollida.

Os nenos baixarán ás aulas una vez estén instalados os que veñen da casa

Eliminada a opción de esporádicos.

 

COMEDOR (13:50 a 15:45)

 

1º Quenda: 

13:50 a 14:30 comida . 14:30 a 15:45 tempo de lecer (patio cuberto) 

 

Alumnos de 4EI, 5EI, 6EI, 1EP, 2EP 

 

Rutina: 

-Recollida dos distintos grupos burbulla na porta da aula e acompañamento o comedor, utilizando mascara polos corredores e o distanciamento entre os grupos.

-Antes de acceder ao comedor, deben ir ao baño do andar que lle corresponda, mantendo o grupo burbulla.

-Hixiene de mans antes de sentarse.

-Colocación por grupos burbulla gardando o distanciamento de 1 metro entre alumnos/as e separación con mamparas co compañeiro/a de enfronte.

-Elimínase a opción do cepillado de dentes.

-Rematado o xantar, iran saíndo en orde e por grupos para os patios de recreo establecidos polo centro para tal fin.

-Desde a saída da aula ata a recollida ou entrada nas actividades, os grupos permanecerán sempre co mesmo monitor.

A recollida do alumnado da 1º quenda farase no patio cuberto de infantil de 14:30 a 15:45.

-Desinfección da zona de comida e montaxe.

 

 Quenda: 

14:10 a 14:40 tempo de lecer (patio cuberto) .14:40 a 15:30 comida . 15:30 a 15:45 tempo de lecer no comedor.  

 

Alumnos de 3EP, 4EP, EP, 6EP 

 

Rutina: 

O alumnado da 2º quenda agardará nos patios establecidos polo centro para recreos, acompañados de monitores. 

-Antes de acceder ao comedor, deben ir ao baño do andar que lle corresponda, mantendo o grupo burbulla.

-Realizarase a hixiene de mans, e accederase ao comedor con máscara, gardando o distanciamento entre os diferentes grupos burbulla.

-Elimínase a opción do cepillado de dentes.

-A recollida do alumnado da 2º quenda farase na entrada do comedor de 15:30 a 15:45. 

-Eliminada a opción de esporádicos.

 

 

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES:

 

Suspendidas polo Equipo Covid.

Respectaranse as listaxes de admitidos no caso de ser aprobadas as actividades no futuro, previa comunicación ás nais/país.

 

 

XESTIÓN: 

Primarase a vía telemática ou telefónica, pero na entarda de madrugadores haberá un monitor para resolver as cuestión que non poidan ser resoltas por esta vía.

 

 

Atentamente,

ANPA A Ferradura. CEIP Pío XII.

Título: Anulación Actividades Extraescolares 

Boas tardes.

Comunicamos que o Equipo Covid non aprobou a realización das actividades extraescolares para o vindeiro curso.

Levamos traballando desde fai meses sen descanso para poder dar o servizo. Elaboramos medidas, abrimos periodo de matrículas, adaptamos os grupos, compramos o material, obtivemos a aprobación previa do centro en xullo, atendemos as vosas demandas…

As medidas específicas para as actividades que non manteñen a burbulla de convivencia (separación de 1,5m, máscara, lavado de máns, uso material individual, toma de temperatura, non actividades de contacto nin elementos comúns, diminución da ratio…) agora non son entendidas como suficientes.

Para as actividades levadas a cabo fóra do centro (natación ou patinaxe) queda á expensas da USC ou do monitor, seguir impartíndoas. Sería alleo a nós, teríades que contactar con eles e parece improbable, polo que nos dixeron.

Sabemos dos problemas de conciliación que nos trae a todos, pero é unha decisión que temos que cumprir.

Somos conscientes dos problemas económicos para as familias (autónomos, monitores…) que dun ou doutro xeito dependen de nós. Para eles tamén o noso apoio.

Chegamos ata onde puidemos chegar, pero aínda así, sentímolo.

No caso de mudar esta decisión ó largo do curso, respectaríamos as matrículas feitas, previa comunicación.

Unha aperta.

Novas da Xunta para o inicio de curso.

Bos días, familias.
Achegamos as medidas acordadas onte pola Consellería para o inicio de curso, relativas ó primeiro día, organización das aulas, uso de mascarillas…
Lembramos que só trasmitimos unha información pública, e que será o centro o que determine o protocolo ou as medidas concretas a tomar
Un saúdo.

APERTURA PLAZO DE INSCRICIÓNS CURSO 2020-2021

Bos días, familias.

Atrasamos, no posible, a apertura do período de inscrición das nosas actividades e servizos polas incertezas do momento actual, pero debemos comezar co proceso porque a súa xestión é ardua.

A partir do luns 08/06/2020 ás 09:00 e ata o 21/06/2020 ás 23:59,  poderedes descargar a solicitude na nosa web ou enviala cuberta por correo a anpaferradura@gmail.com.

Os/as nen@s de 3 anos INFANTIL terán de prazo para as inscricións do 1 de xullo as  09:00h. ao 10 de xullo as 23:59h.

Non estará operativa ata ese momento, pero xa podedes consultar as normativas desde agora mesmo.

Destacamos que o aforo máximo permitido, horarios e, na súa consecuencia, prezos poden verse alterados en función de novos protocolos sanitarios. Pero a nosa idea é manter unha continuidade de actividades e servizos, como mostra de apoio aos monitores, e de prezos, ante unha conxuntura tan complexa para todos.

Un abrazo.