Convocatoria Asamblea ordinaria o 17 de outubro

Noticia do 1 Outubro, 2019

Por medio da presente, convócase a todolos socios e socias da ANPA á Asamblea Xeral Ordinaria que terà lugar o vindeiro 17 de outubro ás 16:00 horas en primeira convocatoria e, ás 16:30 horas en segunda convocatoria, co seguinte:

Orde do día

Lectura e aprobación, se procede, do acta da Asemblea anterior.

Exame e aprobación, no seu caso, do Balance de ingresos e gastos do curso 2018/19.

Renovación de cargos da Xunta Directiva.

Rogos e preguntas.

O Balance das contas anuais estará dispoñible para ser consultado por todolos socios que o desexen no local da ANPA.

Esperamos contar coa vosa presencia