CONVOCATORIA DE ASEMBLEA ORDINARIA

Noticia do 9 Xaneiro, 2020

Por medio da presente, convócase a tódolos socios e socias da ANPA á Asamblea Xeral Ordinaria que terá lugar o vindeiro Xoves 16 de Xaneiro do 2020 ás 16:00h en Primeira Convocatoria e ás 16:30h en Segunda Convocatoria, co seguinte:

 

ORDE DO DÍA

 

1.- Lectura e aprobación, se procede, da acta da Asamblea ordinaria do 17/10/2019.

2.- Renovación dos membros e cargos da xunta directiva, e incorporación doutros novos.

Agradecemos ós interesados que o comuniquen previamente no local da Anpa.

3.- Aprobación dos orzamentos para habilitar 3 espazos no comedor, destinados a vestiarios e almacén.

4.- Rolda aberta de intervencións