NOTICIAS NOTICIAS NOTICIAS

Derbi premini feminino en PIOXII

Queridas familias. 

Este ano recuperouse a actividade de baloncesto federado, aínda que xa son moitos os partidos que levan xogado os catro equipos que están a competir, este mércores por primeira vez na tempada terá lugar un partido no pavillón do Pío XII, en concreto o premini feminino. Temos un derbi entre os equipos do Pio XII Rosalia e o Rosalia- Pío XII. Animámosvos a acudir en masa e encher a bancada animando ás nosas chicas. Non faltedes, levan uns meses adestrando soamente, con xogadoras moi novas mesmo de idade de baby basket e necesitan do noso apoio para seguir crecendo deportivamente.

Queremos aproveitar tamén a ocasión, para agradecer a todas esas familias que se envorcaron inscribindo aos seus nen@s e recuperar con el@s está actividade.

Queremos animal@s e que sigan crendo no proxecto a pesar das dificultades iniciais, que con traballo e esforzo as recompensas van chegando, temos unha gran base e cremos que o proxecto acabará calando fondo, pero está claro que sen a vosa implicación e compromiso isto non sería posible, por todo iso moitas grazas. 

Desde a Anpa sempre teredes o noso apoio. 

Saúdos, e esperámosvos esta tarde para aupar ás nosas chicas. 💪🏻💪🏻💪🏻

ANPA A Ferradura CEIP Pío XII

Rúa da Poza de Bar, s/n, 15705 Santiago de Compostela, A Coruña

Política de Protección de datos | Política de Cookies

© ANPA A FERRADURA 2019 | DISEÑO WEB: TerritorioWeb