FORMULARIO DE VISITA AO COMEDOR

Un ano mais a directiva da Anpa acordou, como xa fixera outros cursos, unha campaña de visita para que os país e nais podan observar as instalacións, o seu funcionamento e a comida que os nosos fillos comen durante os días que acuden ao comedor. A visita terá lugar dende o 1 ao 20 de ABRIL , en horario de 13h a 15h.

Co gallo de non alterar o funcionamento do servizo xa se lles indicará aos interesados como se fará a mesma.

Os días de visita estableceránse en función das solicitudes e comunicaráselle a cada nai ou pai interesado.

Os días de preferencia son orientativos para establecer as diferentes quendas.

Poderánse anotar cubrindo o formulario que segue.

O prazo para solicita-la visita será dende o 1 de Marzo ao 15 do mesmo mes .

Cada día haberá un máximo de catro/cinco pais/nais e só poderá vir un deles por neno/na

De conformidade co Regulamento (UE) 2016/679 se lle solicitan os seus datos de carácter persoal que serán tratados coa finalidade de xestionar os datos identificativos dos asociados, promover actividades organizadas pola asociación así como levar a cabo a xestión fiscal, contable e administrativa. Os datos poderán ser cedidos a administración tributaria, a bancos e entidades financeiras para a domiciliación de pagos e a entidades organizadoras de actividades extraescolares ,se solicita a participación nas actividades extraescolares.

Os datos proporcionados conservaránse mentras permaneza de alta como asociado ou durante os anos necesarios para cumplir coas obrigas legais. Vostede ten dereito a obter confirmación sobre si estamos tratando os seus datos persoais por tanto ten dereito a acceder a seus datos persoais, rectificar os datos inexactos ou solicitar a súa limitación, portabilidade ou supresión cando os datos xa non sexan necesarios.

ANPA A Ferradura CEIP Pío XII

Rúa da Poza de Bar, s/n, 15705 Santiago de Compostela, A Coruña

© ANPA A FERRADURA 2019

DISEÑO WEB: TerritorioWeb