Bos días, familias.
Achegamos informacións sobre dúbidas xeradas na Asamblea de onte.
Os nenos de infantil «poden» levar mandilón, da cor da súa clase, para madrugadores e comedor. Levarase limpo na mochila os luns e será devolto sucio os venres, salvo que precisase ser cambiado con anterioridade.
Lembramos que non é obrigatorio.
Xa se pode enviar cepillo e pasta de dentes, para fomentar a hixiene bucal no comedor. O neceser non pode quedar no local, por un problema de espazo, orde e limpieza. Sendo cada neno responsable de gardalo de novo na súa mochila.
Avisaremos con tempo do inicio das xornadas de portas abertas a celebrar no segundo trimestre, coma sempre, salvo no periodo de pandemia.
Os asistentes de onte solicitaron unha votación para elexir o modelo de elección das actividades extraescolares, a celebrar no próximo trimestre.
Sería entre o modelo actual, un máximo de actividades por neno e unha aleatorización ou sorteo, entre os/as socios/as que se matricularon en prazo.
Como se decidirá por maioría, pregamos asistencia.
Unha vez asignadas, en xullo, calquer modificación non se fará efectiva ata o segundo mes do curso (outubro), xa que estará inhabilitado o formulario na web.
Un saúdo.