Bos días, familias.
En primeiro lugar, lamentamos os problemas que nos estamos atopando e os problemas de conciliación que nos causan a tod@s.
Queremos enumerar os pasos dados, porque resulta mais doado de entender, e foron os seguintes:
-No 3T de 2021 publicamos a oferta das extraescolares e listaxes definitivas.
-No verán preparamos o necesario para a elaboración das mesmas, así como atendendo as numerosas inscricións fóra de prazo e modificacións.
-O 2 de setembro, tras a publicación das novas medidas sanitarias do 1/09/2021, e a imposibilidade de dar as actividades nas condicións previas, elaboramos unha rutina e un protocolo distinto, aprobados polo Equipo Covid.
Abrimos un prazo de confirmación con vós, que remata hoxe coa publicación das listaxes definitivas.
Nestas últimas semanas e no medio deste proceso atopamos dificultades, que vos amosamos nos documentos adxuntos:
–Correo da USC (Piscina) coa redución a 6 prazas por grupo, horarios e normativa.
–Escrito do C.D. Patín Berenguela no que se explica a imposibilidade de impartir patinaxe, ata nova orde, porque o Consello Escolar do I.E.S. Xelmirez I non aprobou a cesión do pavillón para actividades extraescolares.
O clube oferta outros horarios e sedes, a xestionar directamente con eles, como veredes no escrito.
-Imposibilidade para contactar ou acordar coa Fundación Fedesa, para que os federados en Basquet se xestionen no noso horario.
Reiteramos que tod@s @s nos@s nen@s poden adestrar na nosa actividade, pero para competir necesitan un clube e nós non temos a capacidade actual para emprender esa aventura.
Seguindo coa idea da transparencia, poderedes ver as listaxes de admitidos e de agarda nas entradas do colexio.
Entendemos as molestias que nos causan como pais e nais, pero nun clima tan cambiante e cunha autonomía tan limitada en ocasións, o único que podemos facer e todo o posible para impartir as actividades, cumprindo as medidas impostas.
As aulas, así coma o comedor e madrugadores, teñen unha capacidade limitada e monitorizada neste contexto, que non nos podemos saltar.
A través da Federación de Anpas (FANPA) podemos ver as dificultades doutros centros, cun número de alumnos e instalacións moito menor e sen posibilidade algunha de xestión propia.
A porcentaxe tan elevada de confirmación das actividades indica que esta opción é menos mala que a anulación das mesmas.
As actividades comezarán o venres 1 de outubro de 2021.
Unha aperta.