NOTICIAS NOTICIAS NOTICIAS

Pautas definitivas do inicio de curso

Bos días.

 

Aproveitamos esta comunicación para confirmar que levaremos a cabo o servizo de madrugadores e o de comedor. Só se anulan, polo momento, as actividades extraescolares.

Madrugadores comeza o día 11 para a primeira quenda e o día 14 para a segunda.

Comedor comeza o día 10 para a primeira quenda e o 11 para a segunda.

As baixas do servizo de comedor que son penalizadas co cobro das cotas de setembro e outubro, como reza o noso regulamento, non terán esta taxa debido ás circunstancias especiais deste curso.

Tamén confirmamos que todos prazas de madrugadores en lista de espera foron aceptadas.

Solicitamos puntualidade na hora límite de recollida do comedor (15:45h), xa que o centro pecha ás 16:00 e debemos deixar as instalacións preparadas para o seguinte servizo.

 

MADRUGADORES (07:40 a 09:10) 

 

Recibirase ao alumnado na porta de entrada, cumprimentando o rexistro de chegada, toma de temperatura e hixiene de mans antes de acceder o interior.  É obrigatorio que o alumnado vaia acompañado ata a porta de recepción. Con todo, os pais, nais ou titores legais non poderán, en ningún momento, entrar ao interior do centro.

Na zona destinada a madrugadores o alumnado estará sentado por cursos e aulas, mantendo o distanciamento.

Non terán acceso a ningún tipo de material que se poida compartir. Cada alumno/a so poderá utilizar os libros ou xogos que teña na mochila sen compartilos en ningún momento cos seus compañeiros, aínda cando sexan do mesmo grupo.

O acceso á aula farase seguindo o protocolo establecido polo centro para as entradas. Os monitores acompañaran os diferentes grupos no horario establecido polo centro ao punto de recollida.

Os nenos baixarán ás aulas una vez estén instalados os que veñen da casa

Eliminada a opción de esporádicos.

 

COMEDOR (13:50 a 15:45)

 

1º Quenda: 

13:50 a 14:30 comida . 14:30 a 15:45 tempo de lecer (patio cuberto) 

 

Alumnos de 4EI, 5EI, 6EI, 1EP, 2EP 

 

Rutina: 

-Recollida dos distintos grupos burbulla na porta da aula e acompañamento o comedor, utilizando mascara polos corredores e o distanciamento entre os grupos.

-Antes de acceder ao comedor, deben ir ao baño do andar que lle corresponda, mantendo o grupo burbulla.

-Hixiene de mans antes de sentarse.

-Colocación por grupos burbulla gardando o distanciamento de 1 metro entre alumnos/as e separación con mamparas co compañeiro/a de enfronte.

-Elimínase a opción do cepillado de dentes.

-Rematado o xantar, iran saíndo en orde e por grupos para os patios de recreo establecidos polo centro para tal fin.

-Desde a saída da aula ata a recollida ou entrada nas actividades, os grupos permanecerán sempre co mesmo monitor.

A recollida do alumnado da 1º quenda farase no patio cuberto de infantil de 14:30 a 15:45.

-Desinfección da zona de comida e montaxe.

 

 Quenda: 

14:10 a 14:40 tempo de lecer (patio cuberto) .14:40 a 15:30 comida . 15:30 a 15:45 tempo de lecer no comedor.  

 

Alumnos de 3EP, 4EP, EP, 6EP 

 

Rutina: 

O alumnado da 2º quenda agardará nos patios establecidos polo centro para recreos, acompañados de monitores. 

-Antes de acceder ao comedor, deben ir ao baño do andar que lle corresponda, mantendo o grupo burbulla.

-Realizarase a hixiene de mans, e accederase ao comedor con máscara, gardando o distanciamento entre os diferentes grupos burbulla.

-Elimínase a opción do cepillado de dentes.

-A recollida do alumnado da 2º quenda farase na entrada do comedor de 15:30 a 15:45. 

-Eliminada a opción de esporádicos.

 

 

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES:

 

Suspendidas polo Equipo Covid.

Respectaranse as listaxes de admitidos no caso de ser aprobadas as actividades no futuro, previa comunicación ás nais/país.

 

 

XESTIÓN: 

Primarase a vía telemática ou telefónica, pero na entarda de madrugadores haberá un monitor para resolver as cuestión que non poidan ser resoltas por esta vía.

 

 

Atentamente,

ANPA A Ferradura. CEIP Pío XII.

ANPA A Ferradura CEIP Pío XII

Rúa da Poza de Bar, s/n, 15705 Santiago de Compostela, A Coruña

Política de Protección de datos | Política de Cookies

© ANPA A FERRADURA 2019 | DISEÑO WEB: TerritorioWeb