NOTICIAS NOTICIAS NOTICIAS

PRESENTACIÓN DA RENOVADA XUNTA DIRECTIVA

Recollemos a testemuña, aínda que moitos somos membros dende fai anos, da xestión da nosa asociación.

Entendemos esta labor coma unha carreira de relevos na que cada posta debe facerse coa máxima enerxía e implicación, deixando paso ó seguinte se a forza diminúe e redundando no mellor resultado final posible.

Asumimos a responsabilidade de servir de enlace entre @s nais/país e  o centro, pero tamén de contrapeso ante distintas visións doutros membros da comunidade educativa. Entendendo que a meta común é a busca da excelencia (sinerxia).

Seguiremos a manter unha comunicación aberta con vós, a través da web ou do correo, para someter a debate o catering, as obras ou a avaliación das actividades (transparencia). A adoptar decisións coma o cambio de botellas de auga do comedor por fontes purificadoras (conciencia medioambiental). A abordar cuestións inherentes á nosa comunidade dende un punto de vista inclusivo (equidade) e de adaptación ás circunstancias do noso día a día (resiliencia). A mellorar as instalacións (pintado, ventilación, habilitación de espazos…) na busca do mellor hábitat posible, para que nen@s e traballadores poidan sentirse cómodos, seguros e explotar as súas capacidades (confort). A utilizar elementos de presión fronte á inacción das administracións no relativo ó mantemento do pavillón, parque infantil, aparcamento…(visibilidade).

Nada será posible sen o voso pulo, todo será factible coa vosa implicación.

Grazas polo voso tempo. Vémonos no colexio.

 

                                                                                                                           Diego Aragunde Rodríguez

                                                                                     Santiago de Compostela, 17 de xaneiro de 2020

ANPA A Ferradura CEIP Pío XII

Rúa da Poza de Bar, s/n, 15705 Santiago de Compostela, A Coruña

Política de Protección de datos | Política de Cookies

© ANPA A FERRADURA 2019 | DISEÑO WEB: TerritorioWeb