SOLICITUDE DE VISITA AO COMEDOR CURSO 2022-23

Un ano mais a directiva da Anpa acordou, como xa fixera outros cursos, unha campaña de visita para que os pais e nais podan observar as instalacións, o seu funcionamento e a comida que os nosos fillos comen durante os días que acuden ao comedor.

A visita terá lugar dende o 27 de Febreiro o 24 de Marzo, en horario de 13h a 15h.

Co gallo de non alterar o funcionamento do servizo xa se lles indicará aos interesados como se fará a mesma.

Os días de visita estableceranse en función das solicitudes e comunicaráselle a cada nai ou pai interesado.

Os días de preferencia son orientativos para establecer as diferentes quendas.

Poderanse anotar cubrindo o formulario que segue a continuación e premendo o botón «Enviar solicitude»

O prazo para solicita-la visita será ate o 18 defebreiro.

Cada día haberá un máximo de catro pais/nais e só poderá asistir un dos proxenitores.

FORMULARIO DE SOLICITUDE DE VISITA AO COMEDOR CURSO 2022-23