Boas tardes.
Comunicamos que o Equipo Covid non aprobou a realización das actividades extraescolares para o vindeiro curso.
Levamos traballando desde fai meses sen descanso para poder dar o servizo. Elaboramos medidas, abrimos periodo de matrículas, adaptamos os grupos, compramos o material, obtivemos a aprobación previa do centro en xullo, atendemos as vosas demandas…
As medidas específicas para as actividades que non manteñen a burbulla de convivencia (separación de 1,5m, máscara, lavado de máns, uso material individual, toma de temperatura, non actividades de contacto nin elementos comúns, diminución da ratio…) agora non son entendidas como suficientes.
Para as actividades levadas a cabo fóra do centro (natación ou patinaxe) queda á expensas da USC ou do monitor, seguir impartíndoas. Sería alleo a nós, teríades que contactar con eles e parece improbable, polo que nos dixeron.
Sabemos dos problemas de conciliación que nos trae a todos, pero é unha decisión que temos que cumprir.
Somos conscientes dos problemas económicos para as familias (autónomos, monitores…) que dun ou doutro xeito dependen de nós. Para eles tamén o noso apoio.
Chegamos ata onde puidemos chegar, pero aínda así, sentímolo.
No caso de mudar esta decisión ó largo do curso, respectaríamos as matrículas feitas, previa comunicación.
Unha aperta.