Concurso de Fotografías pola igualadade

Noticia do 4 Abril, 2022
Ola a todas:
Arranca a 4ª edición do Concurso de Fotografías pola igualadade, unha iniciativa xa consolidada na FANPA.
O concurso está  dirixido  ao alumnado e ás familias, dos centros públicos de educación primaria, secundaria, bacharelato, conservatorios e escolas de música públicos. O prazo para enviar a fotografía é ata o 30 de abril.
Toda a información sobre el está xa na web do concurso, tanto as bases como o formulario de inscrición en formato online e o documento de cesión de imaxe que hai que anexar. Nesta páxina ademais podedes coñecer os traballos das edicións anteriores:
Este concurso é unha ferramenta para xerar a reflexión e o debate arredor da igualdade real na nosa vida cotía. Tras o fallo do xurado e a entrega de premios este curso, agardamos no que ven por en marcha exposicións  das fotografías polos centros que sexan tamén unha oportunidade para desenvolver charlas ou talleres sobre igualdade.
Contamos ca vosa participación!!!