Obradoiro de Comunicación

Noticia do 22 Outubro, 2019

Ola a todos e a todas,

Neste curso volvemos a contar coa colaboración de Mº José (psicóloga da UMAD) para levar a cabo o OBRADOIRO DE COMUNICACIÓN

Tócanos vivir nunha era tecnolóxica onde prima a comunicación.  Sen embargo, no día a día nos decatamos da dificultade que temos para comunicarnos cos nosos fillos e fillas.

Neste Obradoiro non se darán solucións pero sí tentar atopar estratexias para que o entendemento entre pais/nais e fillos/as sexa mellor.

    • LUGAR:  Local da Federación Galega de ANPAS Compostela
    • HORA:  16:30h -18:30h
    • DATAS:  23 outubro – 6 novembro – 20 novembro – 4 decembro
    • INSCRIPCIÓNS:  anpacompostela@gmail.com

Para quen necesite haberá LUDOTECA:  indicade o nome e idade do neno ou da nena.

Para organizala precisamos dun mínimo de 3 nenos/as