Visitas ao comedor

Noticia do 13 Marzo, 2026

Un ano mais a directiva da Anpa acordou, como xa fixera outros cursos, unha campaña de visita para que os país e nais podan observar as instalacións, o seu funcionamento e a comida que os nosos fillos comen durante os días que acuden ao comedor.

A visita terá lugar dende o 20 o 30 de ABRIL  en  horario de 13h a 15h.

Co gallo de non alterar o funcionamento do servizo xa se lles indicará aos interesados como se fará a mesma.

Os días de visita estableceránse en función das solicitudes e comunicaráselle a cada nai ou pai interesado.

Os días de preferencia son orientativos para establecer as diferentes quendas.

Poderánse anotar cubrindo o formulario online ou descargando o arquivo de word, cubrilo e posteriormente remitilo por mail a info@anpaferradura.es

O prazo para solicita-la visita será dende o 7 ao 14 de Abril .

Cada día haberá un máximo de catro/cinco pais/nais  e só poderá vir un deles por neno/na