Actividade “As familias contan”

Noticia do 28 Maio, 2026

Prezadas familias, 

na semana do 8 ao 12 de xuño lanzaráse a actividade “As familias contan”, unha iniciativa das familias que compoñen a Comisión de Biblioteca do CEIP Pío XII co obxectivo de achegar familia e escola.

Para isto precisamos familias voluntarias que queiran e poidan ler un conto no tempo de ‘hora de ler’. (Prazo para anotarse ata o 1 de xuño: https://cryptpad.fr/form/#/2/form/view/lC2EdCpGCjYRyPOKA9T363xAG-RqySMGLT5vbnVZMDo/

Unha vez apuntadas as familias voluntarias teremos unha pequena xuntanza para explicar a actividade de xeito máis concreto.

Animádevos!!

Moitas grazas!