Madrugadores
Madrugadores
Funciona de 7:45 a 9:00 h. Atención e coidado do alumnado ata a súa incorporación ao horario escolar., durante este tempo o alumnado realizará actividades programadas para cada día da semana polos monitores encargados do servizo, contratados pola ANPA A FERRADURA.
Madrugadores con almorzo
Dentro do horario de madrugadores ofértase a posibilidade de almorzar. Non se servirán almorzos despois das 8:15. Responsables da atención ao alumnado, monitores contratados pola ANPA A FERRADURA.
A entrada para os usuarios deste servizo farase pola porta de saída do comedor. As nenas e nenos de Educación Infantil e Primeiro Ciclo de Primaria (1º e 2º) deberán ser acompañados polos seus pais/nais/acompañantes e entregados aos monitores no propio comedor.
O prezo deste servizo será o seguinte
- 22,00 €/mes. No caso de ser usuarios durante todo o curso ( sen almorzo )
- 36,00 €/ mes ( con almorzo ).
- Esporádicos 2,50 €/día por alumna/o (sin almorzo) e 4,00 €/día por alumna/o ( con almorzo), o cobro destes servicios esporádicos farase por domiciliación no mes seguinte o uso dos mesmos.
A encargada do servizo de madrugadores é Ana Martínez López.