De 14:00 a 16:00 h. No suposto dunha gran demanda de prazas neste servizo, optarase por despregar os cursos que sexan necesarios.
Responsables da atención ao alumnado, monitores contratados pola ANPA A FERRADURA.
Esta asociación organiza o servicio de comedor escolar, que funciona os días lectivos en locais cedidos polo colexio.
A comida é servida pola empresa Catering Chicolino Eventos. Os nenos son atendidos por monitores durante dúas horas tralo remate das clases (de 14:00 a 16:00 horas).
Despois da comida (ou antes) os nenos xogan nos patios do colexio e sala de usos múltiples.
Os detalles sobre a inscrición, admisión, normas de funcionamento, etc., poden consultarse no regulamento de funcionamento do comedor. Calquera alumno/a pode inscribirse fóra do prazo de inscrición se houbese prazas libres.
Consulte tamén a Normativa do comedor
A encargada do servicio de comedor é Ana Martínez López. Os prezos por mes para os usuarios fixos durante o curso 2024/25 son:
(O cobro destes servicios esporádicos farase por domiciliación no mes seguinte o uso dos mesmos.)