anpa a ferradura
c.e.i.p. pio xii
Pais e nais preocupados pola formación dos nos@s fill@s. Iso é o que nos move, o que nos dá a forza para organizar as actividades e para contribuír a artellar a comunidade educativa que se sustenta en dous piares: docentes e familia. Dous fundamentos que moven o futuro dos nos@s fill@s.
Educar vai máis aló do coñecemento, atinxe aos valores. E aí radica o noso traballo.
Dende a Anpa A Feradura estamos para asistir en todo o que concerne á educación d@s nos@s pequen@s e para promover a participación das familias.
Apostamos pola diversidade, pola educación inclusiva e defendemos a conciliación da vida familiar e laboral.
E, como non, todo isto guiados pola Declaración Universal dos Dereitos do Neno aprobada pola ONU en 1959, que recolle no punto 5 o «dereito a unha educación e a un tratamento especial para aqueles/as nen@s que sofren algunha discapacidade mental ou física».
Abrimos dende aquí esta porta a toda a comunidade educativa e animámosvos a participar de maneira activa.
Tod@s somos comunidade.
Suscríbete ó noso boletín de noticias
E recibe todas as novas no teu correo electrónico
Responsable ANPA A FERRADURA
Finalidade Atender a súa solicitude de rexistro no servizo de newsletter
Lexitimización O remitirnos a súa consulta de consideramos que estamos lexitimados para tratar os seus datos.
Destinatarios Os datos de contacto non serán cedidos a terceiros
Dereitos Pode opoñerse o tratamento de seus datos e exercitar o resto de dereitos consultando a información adicional
Información adicional Para máis información, consulte a nosa POLITICA DE PRIVACIDADE
últimas noticias
PRAZO DE INSCRICIÓN NO SERVIZO DE COMEDOR
Estimadas familias: Informámosvos de que o prazo de inscrición para o servizo de comedor abrirase mañá 16 de xullo ás 9:00 horas, e permanecerá aberto ata o 31 de xullo ás 23:00 horas.
ACTIVACIÓN DAS NOTIFICACIÓNS
Estimadas familias, Pregámosvos que dediquedes un momento a comprobar que tedes activadas as notificacións desta aplicación. Manter as notificacións activas permite recibir de forma inmediata todas as novidades, avisos, convocatorias
Inscrición alumnado de 4º de Educación Infantil
Estimadas familias Achegamos un documento con información para a Inscrición do alumnado de 4º de Educación Infantil Acceso ó documento Saudos
Inscrición nas actividades. APP
Estimadas familias: Estes días foron moitas as que vos puxestes en contacto connosco, sobre todo facéndonos chegar a vosa preocupación porque non aparecían na APP moitas das actividades e servizos.
Apertura inscricións actividades extraescolares
Estimadas familias: O venres 5 de xuño, ás 9.00 h, empeza o período de inscrición ás diferentes actividades e servizos ofertados pola ANPA. Dito período finalizará o 25 de xuño
COMO CREAR UNHA CONTA FAMILIAR NA APP ÁBACO FAMILIAS
Estimadas familias: Como xa se dixo na última asemblea ordinaria da ANPA, e tamén vai reflectido na normativa de funcionamento da ANPA para o curso 26/27, para poder inscribirse nas