Servizo de muda

Este servizo esta dirixido  a nenos/as de infantil, que esporádica e puntualmente  o precisen.

    Só ten custo o primeiro curso que se solicita, sendo os outros dous cursos sen custo co único requisito de solicitalo enviando a inscrición.

    A inscrición autoriza o persoal da ANPA para realizar a muda.

    Para o alumnado de 4º E.I, ten que deixar no colexio unha muda completa debidamente identificada.

    Para o alumnado de 5º e 6º de E.I,  utilizaremos mudas que temos no colexio que ten que devolver limpa o antes posible ( o retraso na devolución pode facer que non teñamos muda dispoñible en algún momento)

    A  baixa neste servizo durante o primeiro curso implica a suspensión do mesmo durante os dous cursos seguintes (5º e 6º de Infantil). Responsables, monitorado contratado pola ANPA A FERRADURA.