Estimadas familias:
Como xa se dixo na última asemblea ordinaria da ANPA, e tamén vai reflectido na normativa de funcionamento da ANPA para o curso 26/27, para poder inscribirse nas diferentes actividades extraescolares e servizos ofertados pola ANPA é necesario facelo a través da APP Ábaco Familias (aplicación descargable nas tendas de iOS e Android). Recordade que isto solo atañe ao alumnado que permaneza no centro no próximo curso, é dicir, os/as alumnos/as de 6º de Educación Primaria non deben ser rexistrados.
É moi importante seguir os pasos que se detallan nesta guía para unha correcta creación da conta familiar na APP.
Guía paso a paso para rexistrarse en Ábaco Familias
IMPORTANTE ANTES DE EMPEZAR
MOI IMPORTANTE:
Cada familia debe ter UNHA ÚNICA CONTA FAMILIAR.
Isto significa que:
– Só un membro da familia (nai, pai ou titor/a legal) debe crear a conta inicialmente.
– Esa persoa será quen engada despois ao resto de membros da familia desde a propia aplicación.
– Non debe crear unha conta cada proxenitor por separado, xa que iso xera duplicidades e problemas de xestión.
Exemplo correcto:
– A nai crea a conta.
– Desde esa conta engade ao pai e aos fillos/as.
Exemplo incorrecto:
– A nai crea unha conta.
– O pai crea outra conta distinta para os mesmos fillos/as.
PASO 1 — Descargar a aplicación Ábaco Familias
Descarga a aplicación “Ábaco Familias” desde:
- Google Play (Android)
- App Store (iPhone)
No buscador de anpas poñer: Anpa A Ferradura e aceptar.
PASO 2 — Crear a conta familiar
A creación da conta debe facela unicamente un membro da familia.
Para rexistrarse:
1. Abrir a aplicación.
2. Pulsar en “Crear conta”.
3. Introducir:
– Nome e apelidos
– Correo electrónico
– Teléfono
4. Aceptar as condicións de uso.
5. Pulsar en “Rexistrarse”.
PASO 3 — Verificar a conta
Recibirá unha mensaxe con un código de confirmación que deberá introducir na aplicación para confirmar a conta
PASO 4 — Engadir aos membros da familia
Unha vez creada a conta principal:
1. Entrar na apartado “Familia” ou “Membros”.
2. Pulsar en “Engadir membro”.
3. Introducir os datos de:
– Fillos/as
– Segundo proxenitor
– Titores/as autorizados
Recordatorio importante:
- Todos os membros deben engadirse desde a conta principal xa creada.
- Introducir o curso correcto dos nenos/as ( curso 26/27 )
- NON debe rexistrarse cada membro creando unha conta nova.
PASO 5 — Comprobar que non existen contas duplicadas
Antes de crear unha conta nova, comprobar sempre:
– Se outro membro da familia xa realizou o rexistro.
– Se xa existe unha conta vinculada aos fillos/as.
As contas duplicadas poden provocar:
– Problemas de acceso
– Datos repetidos
– Erros de sincronización
– Dificultades na xestión familiar
– Erros nas inscripcións
- Que facer se xa existen dúas contas familiares?
Se por erro creáronse varias contas para a mesma familia:
– No caso de que algunha familia xa creara dúas contas, deben solicitar a eliminación das dúas contas e comezar o proceso de novo.
PASO 6
Introducir correctamente o IBAN bancario do titular da conta á que se lle pasarán os recibos.
O titular de dita conta terá que achegar o número do seu DNI cando se rexistre na APP, xa que no futuro estaremos obrigados a emitir unha factura.
Facerse socio da ANPA xa que é requisito indispensable para poder inscribirse nas actividades extraescolares e servizos ofertados pola ANPA.
Recomendacións finais:
Crear unha soa conta por familia
Engadir desde esa conta ao resto de membros
Consultar antes de rexistrarse se outra persoa xa creou a conta
Non crear varias contas para os mesmos fillos/as
Non rexistrarse varias veces con diferentes teléfonos
Resumo rápido:
Unha familia = unha única conta principal.
Un só membro da familia crea a conta.
Desde esa conta engádense todos os demais membros.