Estimadas familias:
Estes días foron moitas as que vos puxestes en contacto connosco, sobre todo facéndonos chegar a vosa preocupación porque non aparecían na APP moitas das actividades e servizos. Agora xa tedes dispoñibles todas as actividades e servizos que van saír neste período de inscrición.
Lembrade que tanto o servizo de comedor como a actividade extraescolar de ludoteca quedarán para xullo, xa que estamos pendentes dunhas actualizacións na APP. Pero, como xa comentamos nun correo anterior, tanto o comedor como a ludoteca non teñen límite de prazas, así que todo o alumnado que se anote cando se abra o proceso terá a praza asegurada.
Queriamos aproveitar para darvos uns últimos consellos.
Tedes que revisar os cursos d@s vos@s fill@s. Revisando as contas de moitas familias, vemos que lles tedes posto o curso que cursan na actualidade, e a inscrición que se abre agora é para o próximo curso. Por tanto, tedes que indicar o curso que van cursar a partir de setembro, non o curso no que están actualmente. Se non o facedes, poida que nalgunha actividade non vos deixe inscribil@s porque non se corresponda co seu curso ao non telo correctamente actualizado.
Outra cuestión: se non sabedes en que grupo vai estar o/a voso/a fillo ou filla (no caso de quen cambia de ciclo), tampouco llo poñades ao azar, xa que tamén nos dificulta o traballo. É preferible que non indiquedes o grupo a que o poñades incorrectamente.
E agora, unhas últimas directrices para cando se abra a inscrición (mañá, 5 de xuño, ás 9.00 h):
Moitas das actividades só teñen un grupo e é moi sinxelo anotarse a elas, pero outras, como inglés, natación e algunha máis, teñen varios grupos. Se entrades agora nelas, veredes os diferentes grupos dispoñibles.
No proceso de inscrición apareceravos un despregable onde teredes que escoller o grupo que queredes. Fixádevos ben, porque algúns se diferencian por curso, como ocorre cos grupos de inglés. Aí non hai moito problema porque, se intentades anotarvos a un grupo cuxos cursos non se corresponden cos d@ alumn@, o sistema non vos deixará facelo.
Con todo, en natación e pintura os grupos non se diferencian por curso, senón polo día en que queredes que asista. Aí si é importante que vos fixedes ben porque, se por idade cumpre os requisitos, o sistema permitiravos apuntal@ a calquera dos grupos e poderiades inscribilo nun que non desexades.
Se tedes máis dun/ha fillo ou filla que, por rango de idade, poidan anotarse á mesma actividade, non vos deixará inscribir a ambos á vez. Primeiro teredes que inscribir a un/ha e despois ao outr@.
Acordádevos de darvos de alta como soci@s (abonando a cota de inscrición, que se pasará á cobranza co primeiro recibo en setembro), xa que é indispensable para poder participar nas actividades ofertadas. Se por calquera motivo esquecédesvos, o cargo pasarásevos igualmente, pero é importante que realicedes vós o trámite.
E xa para rematar, intentade non esperar a última hora para crear a conta familiar, xa que temos que validar cada unha das contas para que poidades inscribirvos. Se, por calquera circunstancia, unha familia decide creala esta noite á unha da mañá, pode atoparse con que mañá, cando empezo o proceso, aínda non a teña validada e non poida inscribirse.
Importante: lede as normas de funcionamento (están na web da ANPA, no apartado de documentos) e as descricións das actividades e servizos. Algunhas delas conteñen información importante que debedes coñecer.
Acordádevos tamén de ter activadas as notificacións para poder decatarvos de cando recibides un aviso ou unha comunicación.
Calquera dúbida, estamos por aquí e, se non, podedes contactar connosco a través da APP, que moitas familias xa están a utilizar para expor as súas consultas.
Un saúdo e grazas pola vosa comprensión.