Concurso de Postais de Nadal

Noticia do 25 Novembro, 2026

O colexio, en colaboración coa ANPA A Ferradura, organiza o tradicional Concurso de Postais de Nadal, no que poderá participar todo o alumnado do centro.

BASES DO CONCURSO

  • Poderá participar todo o alumnado do centro.
  • Os traballos deberán realizarse en cartolina ou papel tamaño DIN-A4, por unha soa cara. Poderase empregar calquera técnica de debuxo ou pintura.
  • O nome e o curso do alumno ou alumna deberán figurar na parte posterior do traballo, de xeito que non sexan visibles.
  • Valorarase a calidade artística, a imaxinación e a orixinalidade das creacións, tendo en conta cada nivel educativo.
  • Os traballos deberán entregarse na aula correspondente ata o 9 de decembro de 2026.

PREMIOS

Establecerase un premio por cada unha das seguintes categorías:

Educación Infantil

  • 4.º de Educación Infantil: tarxeta agasallo por valor de 50 €.
  • 5.º de Educación Infantil: tarxeta agasallo por valor de 50 €.
  • 6.º de Educación Infantil: tarxeta agasallo por valor de 50 €.

Educación Primaria

  • 1.º e 2.º de Educación Primaria: tarxeta agasallo por valor de 50 €.
  • 3.º e 4.º de Educación Primaria: tarxeta agasallo por valor de 50 €.
  • 5.º e 6.º de Educación Primaria: tarxeta agasallo por valor de 50 €.

A entrega dos premios terá lugar durante o Festival de Nadal organizado polo colexio.

As persoas premiadas poderán recoller as súas tarxetas agasallo no local da ANPA.

Agardamos a participación de todo o alumnado e animámosvos a deixar voar a imaxinación e a creatividade!