Achegamos a oferta das Actividades Estrescolares para o vindeiro curso.
Toda a información relativa (horarios, capacidade, normas de funcionamento…) estará suxeita ó protocolo sanitario vixente nese momento.
O período de matriculación será desde o martes 18/05/2021 ás 09:00h ata o domingo 30/05/2021 ás 23:59h, para os alumnos xa maticulados no centro, e no momento de formalización da matrícula no colexio, para os de nova admisión. O impreso de inscrición estará bloqueada ata esa data.
As vías empregadas serán a telemática (directamente na web wwwanpaferradura.es) e a do correo electrónico (descargando o arquivo na web e enviándoo escaneado á dirección anpaferradura@gmail.com).
As listaxes de admitidos serán publicadas na nosa web, previa comunicación ós pais, e so con acceso ós socios.
Lembramos que a baixa nunha actividade ou servizo matriculado se fará efectiva o 1 de novembro, como reza o noso regulamento. O ano pasado comunicamos a exención puntual dese cobro polas circunstancias especiais do momento.
Durante o resto do curso deberá comunicarse esa baixa na primeira quincena do mes previo e non se cobrará o mes seguinte.
Seguiremos informando.
Unha aperta.