Normativas
Normativa para alumnos/as de 4º de infantil (nenos/as de 3 anos)
Alumnado de nova matriculación: deberá entregar, debidamente cuberta, a folla de solicitude de praza das actividades extraescolares e servizos organizados pola ANPA.
A inscrición poderá facela a través dos formularios que atopará nesta mesma web ou descargando o PDF e entregalo debidamente cumprimentado xunto co sobre da matrícula.
O prazo de inscrición será do 20 de xuño as 09:00h. ao 30 de xuño as 23:59h.
Para participar nas actividades ou servizos organizados por esta asociación (aínda sendo de forma esporádica) é obrigatorio pagar a cota anual de socio, así como a correspondente o seguro escolar. .( Farase cumprimentando a folla de inscrición.)
- COTA DE SOCIO DA ANPA: 20,00€/por curso e familia.
- SEGURO ESCOLAR: 8,00€/ por curso e por neno/a.
Normativa resto de alumnos/as
Toda a información relativa as actividades e servizos previstos para o curso 2022/2023, (horarios, capacidade, normas de funcionamento….) faranse segundo protocolo sanitario vixente nese momento.
As actividades extra-escolares organizadas pola ANPA “A Ferradura” comezarán o primeiro día de curso escolar en horario de 16:00 a 18:00. Agás natación e pandeireta que se iniciarán en outubro.
A información do alumnado admitido nas actividades e servizos organizados pola ANPA poderá obtela no local da asociación, ou por mail.. durante o mes de xullo e a partir do día 1 de setembro..
O prazo de inscrición será do 16/05/22 ás 09:00h ata as23:59h do 31/05/22
O número mínimo de alumnado para o funcionamento das actividades e de 10 alumn@s por grupo.
As normas de funcionamento e descrición dos servizos e actividades organizados pola asociación, estarán o seu dispor nesta paxina web.
Os pagos das actividades serán todos de carácter mensual agás as organizadas pola U.S.C. que establece cursos cuadrimestrais.
Para participar nas actividades ou servizos organizados por esta asociación (aínda sendo de forma esporádica) é obrigatorio pagar a cota anual de socio, así como a correspondente o seguro escolar
- COTA DE SOCIO DA ANPA: 20,00€/por curso e familia.
- SEGURO ESCOLAR: 8,00€/ por curso e por neno/a.
Impresos
Impreso de Inscrición en actividades extraescolares Nenos/as de 3 anos
ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES
Selecciona que actividade queres ver
BAILE MODERNO
DESCRIPCIÓN
Dirixida a nenos/as de educación primaria, onde se ensinan diferentes tipos de coreografías
OBXECTIVOS
Darlle os alumnos a posibilidade de lograr harmonía nos seus movementos mellorando así a sensibilidade.
Lograr mellor postura e coordinación.
Mellorar a psicomotricidade.
Axuda na corrección do pé plano.
Modela a personalidade a través da disciplina na clase.
As clases serán prácticas. Abordaranse distintas dinámicas de traballo: individual, parejas, tríos e grupos. Rematadas as clases proporanse diferentes formas de análise e rexistro do traballo, incluíndo os conceptos mínimos teóricos sobre o mesmo.
A proposta pedagóxica que se presenta, baséase na metodoloxía do estudo e análise do movemento.
Tempo-Espacio-Enerxía serán as tres variables que aprenderán a distinguir con claridade, a usalas para transformar e crear materiais e organizar estructuras.
A partir dos traballos realizados proporanse pautas básicas para a construción de escenas coreográficas.
CAPACIDADE:
MÍNIMO 10 ALUMNOS/AS
MÁXIMO 15 ALUMNOS/AS
BALLET CLÁSICO
DESCRIPCIÓN
Disciplina dirixida a nenos/as de educación infantil e primaria, onde se lles ensina os diferentes niveis do ballet
O ballet clásico xoga un papel importante na formación dos nenos(as) pois a través da disciplina desenvolvida na clase, moldéase a personalidade. Por medio da danza desenvólvese tamén a facilidade de expresión corporal, así como a memoria, o equilibrio, o oído musical e o sentido do ritmo. A danza estimula o desenvolvemento normal dos sentimentos de liberdade e cooperación mediante o traballo grupal.
OBXECTIVOS
Estructura das clases de Pre-ballet: (ballet infantil)
Estructura das clases de Ballet (ballet primaria)
Dar aos alumnos/as a posibilidade de lograr armonía nos seus movementos mellorando así a sensibilidade, e educando o oído por medio da música culta ou clásica.
Acadar mellor postura e coordinación
Mellorar a psicomotricidade
Axudar na corrección do pé plano
Cultivar o espírito por medio da música clásica
Modelar a personalidade a través da disciplina desenvolvida na clase.
Crear unha conciencia e un respecto na presencia e no espazo dos demais.
CAPACIDADE:
MÍNIMO 10 ALUMNOS/AS
MÁXIMO 15 ALUMNOS/AS
Inglés
DESCRIPCIÓN
Achegamento á lingua inglesa a través de actividades centradas nunha participación activa dos nenos/as.
( Grupos reducidos)
OBXECTIVOS
Escoitar e responder a preguntas e instruccións básicas en inglés.
Seguir instrucións en inglés.
Aprender e comprender vocabulario e frases en inglés segundo o tema tratado nas sesións.
Participación activa na clase.
Disfrutar dos contos, rimas e cancións tradicionais en inglés. Aprender e recitar de memoria algúns deles.
Traballar, respectar e colaborar en tarefas e actividades na clase.
PROFESORADO
Monitores de PICADILLY
HOCKEY PATÍNS
DESCRIPCIÓN
Actividade que mellora a coordinación así como o equilibrio.
CAPACIDADE:
MÍNIMO 10 ALUMNOS/AS
MÁXIMO 30 ALUMNOS/AS
PREZO
20,00€/mes. 2h/semana
PROFESORADO
Monitores de DIVER PATIN CLUB DEPORTIVO.
INSTRUMENTOS
DESCRIPCIÓN
Clases individuais de media hora semanal en horario a concertar co/a profesor/a. GUITARRA e PIANO
IUDO
DESCRIPCIÓN
Práctica deportiva baseada no esforzo e o respecto, na que se fomentan a amizade e o compañeirismo. Para o alumnado que ademais lle interese o cambio de cinto, asistir a competicións etc. terá que estar federado, o que implica; Pagar cota federativa e a cota de socio no club que xestiona a actividade ( neste caso CLUB JUDO BASE)
CAPACIDADE:
MÍNIMO 10 ALUMNOS/AS
MÁXIMO 20 ALUMNOS/AS
PROFESORADO
Responsables da clase JUDO CLUB BASE.
MULTIACTIVIDADE
DESCRIPCIÓN
Dirixida a nenos/as de educación infantil, rotando diferente tipo de actividades: plástica, movemento, xogos… para desenvolver a súa creatividade e as súas habilidades.
OBXECTIVOS
Unha actividade extraescolar non é unha aula de calquera arte profesional, pois para iso xa temos escolas oficiais, pero si cremos que este tipo de actividades teñen que ter unha forte compoñente de educación non formal que continúe o labor da escola e ten que ter tamén unha compoñente lúdica e creativa importante pois os nenos e nenas adoecen de tempo de xogo, de socialización, de creatividade dado que no tempo de escola están “atados” ás materias correspondentes e nas actividades convencionais copian ese estilo de ensinanza tradicional.
NATACIÓN
DESCRIPCIÓN
Actividade que se realiza na Piscina Universitaria (Campus sur).
É requisito imprescindible, por normativa da USC, ter cumpridos os 6 anos de idade antes do inicio na actividade, ser autosuficiente para cambiarse e estar rexistrado como Usuario de Deportes na USC
(Información do Procedemento de Inscrición Natación)
1º Cuadrimestre será do 1 de Outubro ao 31 de xaneiro
2º Cuadrimestre será do 1 de Febreiro ao 31 de maio.
PREZO
50,00€/cuatrimestre. 1h/semana
1º Cuadrimestre do 1 de Outubro ao 31 de xaneiro
2º Cuadrimestre do 1 de Febreiro ao 31 de maio.
PROFESORADO
Clases impartidas por monitores do Servizo de Deportes da USC nas súas instalacións Piscina Universitaria (campus vida )
PANDEIRETA E CANTO
DESCRIPCIÓN
A través do canto e da pandeireta achegarémonos a parte do noso patrimonio inmaterial, de xeito lúdico, desfrutando e pasándoo ben coa enerxía colectiva que xenera o canto e na aprendizaxe de diferentes ritmos e cantigas que forman parte da nosa identidade como pobo, sempre dende unha ollada respectuosa que defende, a igualdade de xénero non só nas cantigas, e a mellora na comunicación, aprendendo a descubrir as nosas raíces musicais.
CAPACIDADE:
MÍNIMO 10 ALUMNOS/AS
MÁXIMO 15 ALUMNOS/AS
PATINAXE
DESCRIPCIÓN
Actividade que mellora a coordinación así como o equilibrio, o esquema corporal e o ritmo musical.
CAPACIDADE:
MÍNIMO 10 ALUMNOS/AS
MÁXIMO 30 ALUMNOS/AS
PREZO
20,00€/mes. 2h/semana
PROFESORADO
Monitores de DIVER PATIN CLUB DEPORTIVO.
PINTURA
DESCRIPCIÓN
Un aprendizaxe a través da creatividade e a diversión, onde ademais teñan coñecemento sobre os artistas e as súas obras.
Técnicas: Acrílico sobre lenzo, papel, cartón, tela en superficies planas e creando estruturas de volume.
CAPACIDADE:
MÍNIMO 10 ALUMNOS/AS
MÁXIMO 20 ALUMNOS/AS
PREDEPORTE-BASKET-FUTBITO
DESCRIPCIÓN
Actividades deportivas que se realizaran no pavillón do colexio, impartida por monitores contratados pola ANPA.
PSICOMOTRICIDADE
DESCRIPCIÓN
Actividade dirixida a nenos/as de educación infantil, onde se traballan exercicios de expresión, movemento, coordinación, etc.. para que os nenos/as se relacionen co mundo que os rodea.
CAPACIDADE:
MÍNIMO 15 ALUMNOS/AS
MÁXIMO 25 ALUMNOS/AS
OBXECTIVOS
Crear independencia entre os desenvolvementos motores, afectivos e intelectuais.
Motivar a capacidade sensitiva a través das sensacións e relacións entre o corpo e o exterior.
Cultivar a capacidade perceptiva a través do coñecemento dos movementos e a resposta corporal.
Organizar a capacidade dos movementos representados ou expresados a través dos signos, símbolos, planos e da utilización de obxectos reais e imaxinarios.
Facer que as nenas e os nenos poidan descubrir e expresar as súas capacidades a través da acción creativa e a expresión da emoción.
Ampliar e valorar a identidade propia e a autoestima dentro da pluralidade grupal.
Crear seguridade ao se expresar a través de diversas formas como un ser valioso, único e irrepetible.
Crear unha conciencia e un respecto na presencia e no espazo dos demáis.
ROBÓTICA
DESCRIPCIÓN
Programa educativo que explora os principios da ciencia nun entorno practico e lúdico. Enfocada o desenrolo intelectual, por medio dun ensino practico de conceptos básicos da tecnoloxía, a inxenieria e as matemáticas.
CAPACIDADE:
MÍNIMO 10ALUMNOS/AS
MÁXIMO 15 ALUMNOS/AS
PROFESORADO
Monitor proporcionado por NENOS
TEATRO
DESCRIPCIÓN
Unha clase onde os nenos e nenas disfruten das distintas técnicas teatrais; voz, mímica, teatro físico, etc. Nesta clase traballase a confianza, autoestima, traballo en grupo, a escoita e o mundo imaxinario.
CAPACIDADE:
MÍNIMO 10 ALUMNOS/AS
MÁXIMO 20 ALUMNOS/AS
TEATRO EN INGLÉS
DESCRIPCIÓN
O achegamento a lingua Inglesa a través da interpretación.
Actividade para 5º e 6º INFANTIL
PREZO
17,00€/mes. 1h/semana
PROFESORADO
Monitores de PICADILLY
XADREZ
DESCRIPCIÓN
Dirixida a nenos/as a partir de 2º de educación primaria, co fin de espertar o interese por un deporte que o mesmo tempo é un xogo dos máis populares do mundo.
CAPACIDADE:
MÍNIMO 15 ALUMNOS/AS
MÁXIMO 20 ALUMNOS/AS
XIMNASIA RÍTMICA
DESCRIPCIÓN
XIMNASIA RITMICA – Disciplina deportiva que combina elementos do ballet, ximnasia e danza así como uso de corda, aro, pelota, cinta…
CAPACIDADE:
MÍNIMO 10 ALUMNOS/AS
MÁXIMO 15 ALUMNOS/AS
ANPA A Ferradura CEIP Pío XII
Rúa da Poza de Bar, s/n, 15705 Santiago de Compostela, A Coruña
Política de Protección de datos | Política de Cookies
© ANPA A FERRADURA 2019 | DISEÑO WEB: TerritorioWeb