NOTICIAS NOTICIAS NOTICIAS

[ANPAS COMPOSTELA] ESCRITO CONXUNTO

Achegamos o escrito conxunto que as dúas confederacións de ANPAS e os sindicatos CIG, UXT, CCOO, CSIF e ANPE acaban de enviar á conselleria de educación.
Volvemos a remarcar que se trata dunha difusión do que acordaron, para que vos chegue de primeira man, e non da nosa postura como Anpa A Ferradura.
Ánimo familias.

 

Á CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN, UNIVERSIDADE E FORMACIÓN PROFESIONAL:

 

Os abaixo asinantes, na nosa calidade de representantes dos distintos sectores da comunidade educativa, solicitamos desta Consellería sexa tomado en consideración o noso posicionamento sobre a actual situación derivada da pandemia do COVID-19 que estamos a padecer, que pasan a expor, co unánime pedimento de que a decisión da administración educativa de cara ao desenvolvemento e finalización do presente curso escolar sexa tomada desde estas propostas consensuadas por todos nós, docentes e familias, nun exercicio de responsabilidade democrática inescusable.

 

Consideramos:

 

  1. O  curso  escolar  non  tivo  de  feito nin pode ter continuidade real desde o día 13 de marzo, en que rematou a impartición presencial do mesmo:

 

a. non hai unha capacidade real de impartición telemática de contidos que chegue a todo o alumnado, tanto por falla real de acceso á rede como por carencia nas familias de medios tecnolóxicos.

b. alumnado, familias e docentes carecen de directrices, de apoio e ainda, con carácter xeral, de previa formación nin práctica para o traballo en liña.

c. non hai posibilidades reais de seguimiento polo profesorado do traballo efectivamente realizado nas casas.

d. a educación presencial non pode ser suplida pola impartición de contidos telemáticos, malia a voluntariedade e esforzo do profesorado, coa conseguinte merma da calidade educativa.

e. o estado f ísico e psicolóxico das familias, do alumnado e do propio persoal docente, afonda aínda mais na inviabilidade do sistema.

f. existe  un  abandono  xeneralizado  de  practicamente todo  o alumnado  con  necesidades específicas de  apoio  educativo, pola imposibilidade de se achegar a el nestas condicións, e pola dificultade intrínseca da converter para ese alumnado a relación presencial en relación a distancia. Non asumir como imprescindíbel a  participación dese colectivo significaría un enorme retroceso na atención á diversidade.

 

2. A avaliación xeral do curso ten que partir da situación de excepcionalidade que estamos a vivir e vir acompañada de cantos medios eviten o desfavorecemento das posibilidades de promoción do alumnado.

 

3. Cómpre unha  reformulación xeral  dos  distintos  currículos  para  o vindeiro curso, que cubra a fenda educativa xerada por esta situación excepcional, unida  ao  establecemento de  ferramentas educativas que posibiliten a todo o alumnado o desenvolvemento en condicións de igualdade dese novo curso.

 

Por canto queda exposto,

 

SOLICITAMOS:

 

  1. DAR POR FINALIZADO EN TERMOS DE AVALIACIÓN O CURSO ESCOLAR 2019-2020 CON DATA 13 DE MARZO, AÍNDA MANTENDO O CALENDARIO ESCOLAR.

 

  1. ESTABLECEMENTO DE CRITERIOS DE AVALIACIÓN EXCEPCIONAIS QUE POSIBILITEN A PROMOCIÓN DO ALUMNADO.

 

  1. REORGANIZAR  OS   CURRÍCULOS   DE   CARA   AO/S   VINDEIRO/S CURSO/S.

 

  1. TRABALLAR CONXUNTA E CONSENSUADAMENTE NA PROCURA DE MECANISMOS  COMPENSATORIOS    QUE    EVITEN    NO    CURSO 2020-2021  UN   ESFORZO  INASUMIBLE  PARA  UNHA  PARTE  DO ALUMNADO.

 

  1. PARTICIPAR DE TODOS  OS  PROCESOS DE TOMA DE DECISIÓNS NOS ÓRGANOS CORRESPONDENTES E QUE AS MESMAS CONTEN CO APOIO E APROBACIÓN DAS NOSAS ORGANIZACIÓNS.

 

ANPA A Ferradura CEIP Pío XII

Rúa da Poza de Bar, s/n, 15705 Santiago de Compostela, A Coruña

Política de Protección de datos | Política de Cookies

© ANPA A FERRADURA 2019 | DISEÑO WEB: TerritorioWeb