NOTICIAS NOTICIAS NOTICIAS

Apertura do periodo de inscricións para o curso 2022-2023

Bos días, familias.

 

Despois da Asemblea de onte, confirmamos que foi aprobado polos asistentes o período de inscrición, actividades e prezos para o próximo curso.

 

Salvo cambio da situación sanitaria, volveremos á situación prepandemia na actividades (2 h en 2 días distintos) e comedor (unha só quenda e horarios de recollida anteriores). Aínda que vos seguiremos informando, como sempre.

 

Primeiro período: Do 16/05/2022 ás 9:00 ao 31/05/2022 ás 23:59. Segundo período (4º E.I.): Do 20/06/2022 ao 30/06/2022.

 

Lembrámosvos que as vías, a partir de ditas horas, son a telemática (cubrindo o documento na web  anpaferradura) ou por correo (descargando o impreso na devandita web e enviándoo a anpaferradura@gmail.com).

 

É importante saber que as prazas son limitadas e van por orde de inscrición, que se unha inscrición é modificada constará a data desa modificación e que se se dá de baixa, antes do inicio do curso, deberán abonarse as primeiras mensualidades, como indica o formulario.

 

Un saúdo.

ANPA A Ferradura CEIP Pío XII

Rúa da Poza de Bar, s/n, 15705 Santiago de Compostela, A Coruña

Política de Protección de datos | Política de Cookies

© ANPA A FERRADURA 2019 | DISEÑO WEB: TerritorioWeb