Prezadas familias,
Retomamos o contacto con vos para trasladarvos a nosa máis cálida benvida a un novo curso para o que vos desexamos folgos, enerxía e, particularmente neste ano, paciencia. As obras na rúa do Pombal a comezos deste verán mudou os fluxos circulatorios na cidade afectando de forma significativo no acceso ao noso centro e a ordenación do tráfico ao seu redor.
Dado que as obras aínda se estenderán os vindeiros meses, gustaríamos chamar a vosa atención neste senso apelando á vosa capacidade de colaboración para evitar que o inicio do curso agrave a situación circulatorio e os problemas de acceso ao centro, particularmente nas horas de entrada e saída do centro.
Pensamos que o ideal sería tratar de acudir cunha maior antelación de tempo, evitando cando sexa posible os desprazamentos en coches particulares ata o mesmo colexio. O obxectivo é tratar de non incrementar as retencións e atascos no barrio, xa frecuentes e agora agravados polas obras na rúa do Pombal. Se ben as familias somos «vítimas» da situación, a nosa actuación pode axudar a que a convivencia no barrio sexa un pouco máis amigable, converténdonos en parte da solución.
Calquera medida que adoptedes orientada a reducir a circulación nos momentos de entrada e saída do cole, serán benvidas. Como iniciabamos este correo, moita sorte neste inicio de curso e grazas polas achegas que poidades facer.