O equipo de baloncesto de Pre-Minibasket feminino do Pío XII Rosalía vén de proclamarse campión de liga en Santiago tras un emocionante último partido contra o Peleteiro Azul. A vitoria das nosas por 8 puntos de vantaxe (46-38) propiciou o título, xa que precisaban superar os 7 puntos polos que perderan contra o mesmo equipo na primeira volta.
Polo Pío XII Rosalía xogaron nesta ocasión Rocio, Lía, Iria, Yaiza, Carla, Aldara, Adriana, Carolina Luaces, Carolina López e Elia, aínda que son moitas máis as que participan nos adestramentos e partidos, contribuíndo ao grupo co seu esforzo e entusiasmo.
O equipo remata a liga, polo tanto, en primeira posición, con 9 vitorias e unha soa derrota. Está formado por alumnas de 3º e 4º de Primaria, e a maior parte estudan no noso centro.
Da man de Pablo, monitor tamén do noso comedor escolar, están realizando unha gran temporada, a pesar de que houbo que suspender unha gran cantidade de adestramentos polos reiterados problemas de condensación do pavillón do colexio.
Na seguinte fase está previsto que se enfronten xa a equipos de fóra da nosa cidade.
Dende a nosa asociación queremos felicitalas e desexarlles moita sorte. Bravo campioas!