Prezadas familias,
Acabamos de estrear unha canle de Telegram coa que agardamos poñer á vosa disposición unha ferramental útil e áxil de comunicación. A nosa intención é utilizar esta canle como medio para trasladarvos cuestións de actualidade sobre a ANPA así como información de utilidade tanto da asociación como daquelas actividades ou iniciativas que poidas ter interese para as familias.
Consideramos que deste xeito poderemos compartir con vós cuestións de actualidade coa máxima axilidade. Para poder acceder a ela unicamente debes contar coa aplicación de Telegram e no apartado de busca introducir Anpa A Ferradura, para solicitar a subscrición. Tamén podes solicitala a través desta ligazón https://t.me/+NTiVjkNpNZ1iY2Y0.
Saúdos