Xa está todo preparado para a segunda charla do ciclo de videoxogos. Esta vez, coincidindo coa semana do 8M, adicarase a analizar o sexismo e os estereotipos de xénero que impregan algúns dos videoxogos máis populares, tratando de abrirnos os ollos hacia cales son os contidos que consumen os nosos fillos e fillas durante horas e horas.
Debemos aprender a mirar os videoxogos con perspectiva crítica, coas lentes de color lila, reflexionando sobre os estereotipos das personaxes (entre eles a sexualización das mulleres) e os story tellings dos videoxogos mais demandados por parte da infancia e adolescencia. A nosa labor como adultos é proporcionarlles videoxogos que non estean impregnados dos valores pésimos das masculinidades hexemónicas.
TÍTULO: Sexismo e estereotipos de xénero nos videoxogos
PONENTE: Jorge García Marín, Profesor de Socioloxía da USC
DATA: 12 de marzo
HORA: 17:30 a 18:30
LUGAR: Telemáticamente
INSCRICIÓNS: http://bit.ly/
Por si credes que os videoxogos non son tan machistas, podedes mirar este vídeo de tan só 3 minutos para facervos unha idea:
https://www.youtube.com/
Se aínda así dubidades se asistir, pois outro dato, entre os videoxogos máis sexualizados o primeiro que sae mencionado é o Fornite. Sii, ese que dixemos na anterior charla que era a partir de 12 anos e que xogan xa dende moito máis pequenos:
https://www.youtube.com/
Así que xa sabedes non vos perdades a próxima charla.
Animádevos a participar e difundir. Moitas grazas
Un saúdo