COMO CREAR UNHA CONTA FAMILIAR NA APP ÁBACO FAMILIAS

Noticia do 1 Xuño, 2026

Estimadas familias:

Como xa se dixo na última asemblea ordinaria da ANPA, e tamén vai reflectido na normativa de funcionamento da ANPA para o curso 26/27, para poder inscribirse nas diferentes actividades extraescolares e servizos ofertados pola ANPA é necesario facelo a través da APP Ábaco Familias (aplicación descargable nas tendas de iOS e Android). Recordade que isto solo atañe ao alumnado que permaneza no centro no próximo curso, é dicir, os/as alumnos/as de 6º de Educación Primaria non deben ser rexistrados.

É moi importante seguir os pasos que se detallan nesta guía para unha correcta creación da conta familiar na APP.

Guía paso a paso para rexistrarse en Ábaco Familias

IMPORTANTE ANTES DE EMPEZAR

⚠️ MOI IMPORTANTE:
Cada familia debe ter UNHA ÚNICA CONTA FAMILIAR.

Isto significa que:

– Só un membro da familia (nai, pai ou titor/a legal) debe crear a conta inicialmente.
– Esa persoa será quen engada despois ao resto de membros da familia desde a propia aplicación.
– Non debe crear unha conta cada proxenitor por separado, xa que iso xera duplicidades e problemas de xestión.

✅ Exemplo correcto:

– A nai crea a conta.
– Desde esa conta engade ao pai e aos fillos/as.

❌ Exemplo incorrecto:

– A nai crea unha conta.
– O pai crea outra conta distinta para os mesmos fillos/as.

PASO 1 — Descargar a aplicación Ábaco Familias

Descarga a aplicación “Ábaco Familias” desde:

  • Google Play (Android)
  • App Store (iPhone)

No buscador de anpas poñer: Anpa A Ferradura e aceptar.

PASO 2 — Crear a conta familiar

A creación da conta debe facela unicamente un membro da familia.

Para rexistrarse:

1. Abrir a aplicación.
2. Pulsar en “Crear conta”.
3. Introducir:
   – Nome e apelidos
   – Correo electrónico
   – Teléfono 
4. Aceptar as condicións de uso.
5. Pulsar en “Rexistrarse”.

PASO 3 — Verificar a conta

Recibirá unha mensaxe con un código de confirmación que deberá introducir na aplicación para confirmar a conta

PASO 4 — Engadir aos membros da familia

Unha vez creada a conta principal:

1. Entrar na apartado “Familia” ou  “Membros”.
2. Pulsar en “Engadir membro”.
3. Introducir os datos de:
   – Fillos/as
   – Segundo proxenitor
   – Titores/as autorizados

⚠️ Recordatorio importante:

  • Todos os membros deben engadirse desde a conta principal xa creada.
  • Introducir o curso correcto dos nenos/as ( curso 26/27 )
  • NON debe rexistrarse cada membro creando unha conta nova.

PASO 5 — Comprobar que non existen contas duplicadas

Antes de crear unha conta nova, comprobar sempre:

– Se outro membro da familia xa realizou o rexistro.
– Se xa existe unha conta vinculada aos fillos/as.

⚠️ As contas duplicadas poden provocar:

– Problemas de acceso
– Datos repetidos
– Erros de sincronización
– Dificultades na xestión familiar

– Erros nas inscripcións

  • Que facer se xa existen dúas contas familiares?

  Se por erro creáronse varias contas para a mesma familia:

– No caso de que algunha familia xa creara dúas contas, deben solicitar a eliminación das dúas contas e comezar o proceso de novo.

PASO 6

Introducir correctamente o IBAN bancario do titular da conta á que se lle pasarán os recibos.
O titular de dita conta terá que achegar o número do seu DNI cando se rexistre na APP, xa que no futuro estaremos obrigados a emitir unha factura.
Facerse socio da ANPA xa que é requisito indispensable para poder inscribirse nas actividades extraescolares e servizos ofertados pola ANPA.

Recomendacións finais:

✅ Crear unha soa conta por familia
✅ Engadir desde esa conta ao resto de membros
✅ Consultar antes de rexistrarse se outra persoa xa creou a conta

❌ Non crear varias contas para os mesmos fillos/as
❌ Non rexistrarse varias veces con diferentes teléfonos

Resumo rápido:

👉 Unha familia = unha única conta principal.

👉 Un só membro da familia crea a conta.

👉 Desde esa conta engádense todos os demais membros.