Desde o anpa queremos poñer no voso coñecemento as medidas adoptadas ao longo deste período.
Negociamos cos provedores dos nosos servizos (cátering e extraescolares) para comunicarlles o noso apoio e tamén dicirlles que o servizo queda suspendido desde o 16/03/20, así como o abono do mesmo. Como as facturas cóbranse aos socios a principios de mes, deducirase a media mensualidade de marzo unha vez restaurada a actividade.
Xestionamos co Concello a entrega de comida semanal aos perceptores de bolsas de axuda, agora que o comedor está pechado. Tramitamos os ERTES e fin de actividade para os nosos 17 traballadores e aprobado custear o 30% de diferenza de soldo, entre actividade e desemprego, para que non perdan poder adquisitivo.
Compramos e doamos 30 l de solución hidroalcohólica (60 botes de 0,5 l) á Consellería de educación, neste momento de desabastecemento.
Cremos que é momento de arrimar o ombreiro, de axudar a que ninguén quede só ou descolgado.
A conduta nestes momentos defínenos. Forza e ánimo.