O colexio, en colaboración coa ANPA A Ferradura, organiza o tradicional Concurso de Postais de Nadal, no que poderá participar todo o alumnado do centro.
BASES DO CONCURSO
- Poderá participar todo o alumnado do centro.
- Os traballos deberán realizarse en cartolina ou papel tamaño DIN-A4, por unha soa cara. Poderase empregar calquera técnica de debuxo ou pintura.
- O nome e o curso do alumno ou alumna deberán figurar na parte posterior do traballo, de xeito que non sexan visibles.
- Valorarase a calidade artística, a imaxinación e a orixinalidade das creacións, tendo en conta cada nivel educativo.
- Os traballos deberán entregarse na aula correspondente ata o 9 de decembro de 2026.
PREMIOS
Establecerase un premio por cada unha das seguintes categorías:
Educación Infantil
- 4.º de Educación Infantil: tarxeta agasallo por valor de 50 €.
- 5.º de Educación Infantil: tarxeta agasallo por valor de 50 €.
- 6.º de Educación Infantil: tarxeta agasallo por valor de 50 €.
Educación Primaria
- 1.º e 2.º de Educación Primaria: tarxeta agasallo por valor de 50 €.
- 3.º e 4.º de Educación Primaria: tarxeta agasallo por valor de 50 €.
- 5.º e 6.º de Educación Primaria: tarxeta agasallo por valor de 50 €.
A entrega dos premios terá lugar durante o Festival de Nadal organizado polo colexio.
As persoas premiadas poderán recoller as súas tarxetas agasallo no local da ANPA.
Agardamos a participación de todo o alumnado e animámosvos a deixar voar a imaxinación e a creatividade!
