Concurso de postais Fundación USC

Noticia do 2 Decembro, 2022

A Fundación USC ven de convocar, por décimo ano consecutivo, un concurso de postais de Nadal.

O concurso está dirixido a nenos e nenas nacidos/as entre os anos 2010 e 2019 (ambos incluídos) e a temática da postal debe unir o Nadal e o deporte.

O premio do concurso consistirá nun vale de 100 € para trocar por material deportivo e nunha praza no Verán CampUSC 2023, campamento urbano, deportivo e de lecer que se leva celebrando dende hai catorce veráns nas instalacións deportivas do Campus Vida da USC. O debuxo gañador tamén formará parte da felicitación de Nadal que enviará este ano a Fundación USC.

O prazo para entregar os traballos rematará o 9 de decembro e o veredicto do xurado farase público o día 19 do mesmo mes.

As persoas interesadas en participar no concurso poden consultar as bases completas AQUÍ.